Inicio STEG
SINDICATO DE TRABALLADORAS E TRABALLADORES DO ENSINO DE GALICIA
   Inicio << Profesorado interino


A Consellaría, fai unha proposta de estabilidade totalmente inaceptable.

Co nome de "garantías de desempeño dun posto de traballo para o profesorado interino", a Consellaría plantexou unha proposta de estabilidade indifinida ata os 65 anos para o profesorado interino con 50 anos cumpridos a 31 de agosto de 2006 e 15 anos de servizos prestados.

Ante isto, a postura do STEG segue sendo clara, nunca aceptaremos unha proposta de estabilidade que afecte a un número limitado de profesorado e deixe aos demais na actual situación de precariedade.

Un punto irrenunciable para nós é que a lista ten que ser aberta, e dicir, que se poida incorporar á mesma o profesorado que vaia cumprindo certos requisitos.

O que si estamos dispostos a negociar é cales son eses requisitos, tanto no referente aos anos traballados para acceder á estabilidade como nos anos de vixencia do acordo.

Como avances positivos no documento presentado compre subliñar:

  • Establecer como requisito imprescindible a acreditación de coñecementos de lingua galega para acceder ás novas bolsas.
  • Cómputo dos días de baixa médica para acadar os cinco meses e medio que dean dereito ao cobro do verán.

A seguinte Mesa, celebrarase o martes 6 de xuño ás 10 h.

Proposta íntegra presentada pola Consellaría

Asemblea da Plataforma no IES Rosalía de Castro

Unha vez coñecida a proposta da Consellaría, realizouse unha asemblea no IES Rosalía de Castro de Compostela, onde se segue co peche indefinido e polo cal xa pasaron máis de 600 profesores/as.

Nesta asemblea, acordáronse as seguintes medidas:

  • Manter o peche indefinido ata que a Consellaría faga unha proposta asumible.
  • Venres 2, ás 7 da tarde no IES Rosalía de Castro de Compostela, concerto de profesorado interino de Consevatorio de Música de Compostela.
  • Martes 6 de xuño, concentración en San Caetano ás 9:30.
  • Manter a convocatoria de folga para o mércores 7 de xuño.
  • Mércores 7 ás 11 h., asemblea no IES Rosalía de Castro e posterior manifestación ata San Caetano.

Desde o STEG animamos a todo o profesorado interino e substituto a participar nos actos propostos. Cantos máis sexamos, máis forza teremos ante a Consellaría.