Inicio STEG
SINDICATO DE TRABALLADORAS E TRABALLADORES DO ENSINO DE GALICIA
   Inicio << Profesorado interino

Mércores 7 de xuño
Folga, manifestación e asemblea

Nesta 3º xornada de folga convocada polo STEG, CIG e a Asociación de PNNs, preto dun milleiro de persoas manifestámonos nas rúas de Compostela, desde o IES Rosalía de Castro ata San Caetano.

Na asemblea celebrada posteriormente, e con unha asistencia de máis de 300 persoas tomáronse os seguintes acordos:

  1. Continuar co peche iniciado o 29 de maio no IES Rosalía de Castro.
  2. Asemblea, o venres 9 de xuño ás 18h., no salón de actos do IES Rosalía de Castro.
  3. Convocar unha nova xornada de folga para o 20 de xuño, no caso de que antes non se acade un acordo.

O xoves 8, celébrase unha nova Mesa, previo a cal o STEG manterá unha xuntanza coa CIG e outras forzas sindicais, co obxectivo de chegar a un acordo que permita plantexarlle unha proposta de estabilidade á Administración, desde unha ampla maioría sindical.