Inicio STEG
SINDICATO DE TRABALLADORAS E TRABALLADORES DO ENSINO DE GALICIA
   Inicio << Profesorado interino

Mércores 24 de maio
Folga, concentración e asemblea


Despois da proposta presentada pola Consellaría de Educación e O.U. totalmente inaceptable para o colectivo de profesorado interino e substituto é preciso seguir coas mobilizacións.
Unha proposta que no seu título fala de acceso e de condicións de traballo pero para nada do que se agardaba que era a estabilidade.

Despois da concentración diante de San Caetano, a que asistiron centos de persoas, celebrouse unha asemblea, con máis de 300 persoas presentes, na que se acordou o seguinte:

  1. Estar este venres presentes á saída da mesa sectorial que está prevista para as 11:00 da mañá, para ver se chegaron a algún acordo e presionar, por parte do colectivo, ao resto de sindicatos para que non asinen esta proposta.
  2. Que o profesorado interino e substituto de cada centro elabore pancartas anunciando as medidas acordadas e en solidariedade coas persoas pechadas no IES Rosalía de Castro.
  3. O luns 29 de maio, iniciarase un peche no IES Rosalía de Castro de Compostela que está na rúa San Clemente, 3. O peche iniciarase ás 11:00 horas coa convocatoria da prensa. Está previsto mantelo indefinidamente ata que a Consellaría dea unha resposta satisfactoria ás demandas do colectivo.
  4. Se non cambia a postura da Consellaría, teremos outra folga o 7 de xuño.