Inicio STEG
SINDICATO DE TRABALLADORAS E TRABALLADORES DO ENSINO DE GALICIA
   Inicio << Profesorado interino

A inaceptable proposta da consellaría obriga a manter a folga do 24 de maio


A Consellaría de Educación e O.U. acaba de presentar unha proposta totalmente inaceptable para o colectivo de profesorado interino e substituto. Unha proposta que no seu título fala de acceso e de condicións de traballo e para nada do que se agardaba que era a estabilidade.

Fala de acceso cando a quen compete este tema é ao MEC, e polo tanto o único que di e a súa pretensión de baixar o número de profesorado interino e substituto ao 5%. No STEG queremos alertar da perigosidade desta afirmación, xa que si este obxectivo non vai acompañado dun acordo de estabilidade, o que pode suceder é que esa redución se faga a costa da perda de traballo dunha boa parte do colectivo. Aspecto este totalmente inaceptable e innegociable.

Outro aspecto que nos chama a atención, é que na proposta non se recolla a non obrigatoriedade de presentación ás oposicións ao profesorado maior de 55 anos. Tampouco se recolle, cando se fala de retribucións, do complemento que retribúa a antigüidade. É de xustiza que o profesorado interino e substituto que leva traballando máis de tres anos se lle vexa recoñecida esa antigüidade. E o máis grave de todo isto é que a propia Consellaría foi quen recoñeceu que contemplaría estes dous aspectos, despois das reivindicacións do STEG e das demais organizacións da Plataforma de profesorado interino e substituto, na xuntanza do pasado 21 de novembro de 2005.

En definitiva, a pesar dalgún aspecto positivo para o profesorado substituto, o STEG non pode aceptar esta proposta que o que parece é unha refundición do Acordo do 95 e da Addenda de 2002 que para nada dará estabilidade ao profesorado interino e substituto.

Por todo isto, o STEG manten a convocatoria de FOLGA o día 24 de maio, así como a CONCENTRACIÓN diante de San Caetano, o mesmo día as 11.30h.

Documento presentado pola consellaría