Inicio STEG
SINDICATO DE TRABALLADORAS E TRABALLADORES DO ENSINO DE GALICIA
   Inicio << Profesorado interino

Compromiso da Consellaría para negociar a estabilidade do profesorado interno e substituto

Representantes da plataforma integrada polas organizacións sindicais STEG, CIG-ensino, UGT e a Asociación do Profesorado Interino de Galicia mantiveron o día 21 de novembro unha entrevista coa Conselleira de Educación co obxecto de exporlle a proposta de estabilidade desta plataforma para o profesorado interino e susbtituto de Galiza e urxir o inicio de negociacións no seo da Mesa Sectorial de ensino non universitario.

As reivindicacións desta plataforma, entre outras, céntranse en acadar un acordo de estabilidade para o profesorado interino, en conseguir un acceso á función pública docente diferenciado para o profesorado con servizos prestados á Administración educativa e facer extensivos a este profesorado todos os dereitos do resto dos funcionarios docentes (cobro dos meses de verán para quen teña traballado máis de 5 meses, cobro de trienios e sexenios, etc.).

As organizacións integrantes da Plataforma (STEG, CIG-ensino, UGT e a Asociación do Profesorado Interino de Galicia) valoramos como positivo o compromiso explícito que a Conselleira asumiu para iniciar negociacións na Mesa Sectorial docente non universitaria, a partir do mes de xaneiro, co obxecto de acadar un acordo de estabibilidade para o profesorado interino e substituto, negociar a oferta de emprego para o ano 2006 tendo en conta o profesorado interino para non poñer en perigo o seu posto de traballo, así como estudar a posibilidade de estender a este colectivo outros dereitos que teñen hoxe os/as funcionarios docentes (sexenios, trato especial para o profesorado interino maior de 55 anos, etc.)