Inicio STEG
SINDICATO DE TRABALLADORAS E TRABALLADORES DO ENSINO DE GALICIA
   Inicio << Oposicións

Aclaracións ao Master de Secundaria

En xeral, o novo máster será específico para a oposición á que se queira optar, é dicir, que unha persoa necesitará tantos másters como a cantas oposicións ou opcións de traballo se queira presentar.
Naqueles casos que aínda non teñen regulada unha formación equivalente ao máster, como EEAA, Deportivas e Profesores Técnicos de FP, non se lles vai esixir para as oposicións de 2010.
A quen acredite ata final do curso 2008/09 docencia durante dous cursos académicos completos, ou 12 meses contínuos ou discontínuos en ESO ou Bacharelato, recoñeceráselles esta docencia como equivalente á formación pedagóxica e didáctica (non necesitan máster). É dicir, que quen non cumpra este requisito, necesitan o máster correspondente ou perderá o traballo.
Os casos de estudos que estaban exentos de formación pedagóxica e didáctica (como mestres/as ou licenciaturas en pedagoxía ou psicopedagoxía e outras que incluísen formación pedagóxica e didáctica), necesitarán o máster correspondente se se titulan a partir do 1 de outubro de 2009. Non o necesitaran se a súa titulación é anterior á data indicada.
Non necesitarían o título de Máster as persoas que estean en posesión do título Profesional de Especialización Didáctica, do certificado de Cualificación Pedagóxica ou do Certificado de Aptitude Pedagóxica.
Aqueloutras titulacións, expedidas polas Universidades, que puidesen ser equivalentes ao máster, teñen que ser validadas pola Universidade que as expediu.
Para as oposicións do 2010 o requisito de ter feito o Máster, deberá ser acreditalo no momento da publicación da listaxe de aprobados. Ver proxecto de RD

Modificación dos requisitos para a verificación dos títulos universitarios que habilitan para o exercicio de ser profesor de ESO, BAC, FP e EOI. Ver proxecto de Orde Ministerial.

Texto en pdf