Inicio STEG
SINDICATO DE TRABALLADORAS E TRABALLADORES DO ENSINO DE GALICIA
   Inicio << Oposicións

COMUNICADO SOBRE NOVOS TEMARIOS DE INGRESO Á FUNCIÓN PUBLICA DOCENTE


Dado que nas páxinas web dalgunhas organizacións sindicais estanse a mostrar supostos borradores de temarios para o Ingreso á Función Pública Docente, o STEG, a través dos STES-i, demandou ao MEC información en relación a estes temarios. A resposta do MEC é que non se responsabiliza destes documentos xa que aínda está a elaborar as súas propostas, as cales fará públicas a partir de finais de novembro.

Desde o STEG non queremos contribuír a provocar a confusión entre as persoas opositoras coa publicación irresponsábel de ditos materiais, polo que non están colgados na nosa web.

O único temario novo -e válido- adaptado á LOE é o de Primaria, publicado en BOE 15 de marzo de 2007 ( ORDE ECI/592/2007, de 12 de marzo). Cando coñezamos as novas propostas, comunicarémosvolas debidamente.

Secretariado Nacional do STEG
5 de Novembro de 2007