|
SINDICATO
DE TRABALLADORAS E TRABALLADORES DO ENSINO DE GALICIA | |
| |
| Novidades Ordes de Oposicións Instrucións: A Consellería vai a publicar unhas aclaracións como fixo o ano pasado. Solicitudes: a solicitude farase a través de internet (enlace coa web da consellaría). O impreso para o pagamento das taxas xenérase dende a propia aplicación xunto coa instancia . Deberán imprimilo e proceder ó seu pago nas entidades bancarias establecidas. Acollerse ao Baremo: Aquelas persoas que queiran poderán acollerse á baremación feita o ano pasado, alegando só os méritos realizados a partir do 3 de maio de 2007. Presentación instancias: 20 días naturais a partir do seguinte á publicación da orde. Cóbrense na web, imprímense, asínanse e entréganse nun rexistro. Requisitos: Para secundaria estar en posesión do CAP excepto quen teña título de maxisterio, licenciatura de Pedagoxía e Psicopedagoxía, INEF, título superior de música ou danza. Non é requisito para as especialidades de Psicoloxía e Pedagoxía, para Tecnoloxía e para todas as de FP. Tribunais: So para primaria: poden renunciar as persoas que participaron nos tribunais do 2007, tamén os que non prestasen servizos nesa especialidade nos últimos tres cursos. O sorteo será o 27 de maio. Probas: Empezarán a partir do 20 de xuño. Unha vez comezado o proceso os chamamentos dos tribunais serán feitos na web e ademais nos taboleiros dos centros nos que se celebren as probas. Acreditación de coñecemento da lingua galega: Quen superara a proba de galego na convocatoria de oposicións 2007 terá acreditado o coñecemento. Informe: Quen se acolle ao informe debe presentar unha Unidade Didáctica das impartidas no seu centro no prazo de 30 días naturais desde a publicación desta orde no DOG. Si se presenta a unha especialidade distinta da que está impartindo pode optar por unha UD das que está impartindo ou unha da especialidade a que se presenta. Esta presentarase xunto co Anexo correspondente na Delegación de Educación da provincia onde esté traballando. Si é persoal interino que traballa noutros territorios presentará a UD na Delegación de Coruña. ¿Quen ten dereito ao informe? : Quen estea en activo o día da publicación da orde e teña un contrato de interino, entedese que cumpre este requisito quen acredite 6 meses traballados este ano, contabilizados ata o día de remate de presentación de solicitudes. Programación: Entregarase no acto de presentación, o tribunal entregará un xustificante de que recolleu a programación. Terá que estar escrita e ser defendida en galego, axustándose ao marcado na convocatoria. Os defectos de forma serán causa de exclusión do proceso, non así os defectos de contido (por exemplo que falte a metodoloxía..) As programacións versarán sobre
os currículos LOE nos cursos onde está implantada e currículo
LOGSE ou LOE no resto a escoller polos opositores. Exercicio práctico: No corpo de mestres e secundaria só na especialidade de Música, en FP e no corpo de profesores de música e artes escénicas en todas as especialidades Documentación: Non serán
devoltas nin a programación nin os méritos.
|