|
POR QUE?
Polos feitos…
...porque o 80% dos nomes dos centros
educativos de Galiza son masculinos.
...porque no 53% dos centros que teñen
nome de muller, trátase de personaxes relixiosos.
...porque dos centros que teñen
nome dalgún docente, 44 son de varóns e 8
de mulleres… Se na nosa profesión se dá
esta situación, que máis proba necesitamos
da visión deformada da realidade que se transmite
a través de algo tan aparentemente irrelevante como
é o nome do centro?
...porque hai 50 centros con nome de varóns
adicados a “outras profesións” (medicina,
enxeñaría, matemáticas, arquitectura...)
fronte a un só centro con nome de muller nesta categoría.
A isto debería chamárselle tamén “currículo
oculto”, e non só ao que aparece nos libros
de texto.
COMO?
Ben doado...
...en Primaria: débese reunir o
Claustro e pronunciarse, e aprobalo o Consello Escolar.
Ten que ir acompañado do informe favorable do Concello.
Remítese á Consellería, que o aproba
“automaticamente”, é dicir, a non ser
que haxa motivos para consideralo improcedente.
...en Secundaria: o procedemento é
como en Primaria, pero non se precisa informe favorable
do Concello.
...así mesmo, desde a Asemblea
de Mulleres do STEG solicitamos á Consellería
de Educación que nomee, por defecto, os centros educativos
de nova creación con nome de muller.
|
PARA QUE?
Polo noso alumnado...
...para ofrecer unha visión real
da historia, na que numerosas mulleres fixeron valiosas
aportacións en moitos ámbitos, aínda
que acabaron sendo prácticamente borradas da nosa
memoria.
...para sensibilizar ao noso alumnado sobre
a loita polos dereitos das mulleres, xa que detrás
de cada biografía de mulleres artistas, intelectuais,
profesionais, etc..., hai unha historia de superación
fronte aos prexuízos da súa época.
...para fornecer ás nosas alumnas
con modelos cos que identificarse, que lles servan de estímulo
para non aceptar teitos profesionais polo feito de seren
mulleres.
...para asumir que a transmisión
dos roles sexuais se fai de xeito constante, moitas veces
inconscientemente, en todas as esferas de acción,
e moi especialmente no ámbito público. Mudar
o nome do centro pode servir como exercicio de reflexión
a respecto destas prácticas discriminatorias e das
súas consecuencias, así como para facer explícito
e visible o compromiso do centro coa coeducación.
QUE NOME?
Por falta de propostas non vai ser…
...convidámosvos a consultar o noso
calendario anual TEMPO
DE MULLERES, MULLERES NO TEMPO, con entradas de mulleres
artistas, políticas, intelectuais, deportistas, profesionais
de todos os ámbitos...; en cada día do ano
hai unha entrada, e con máis de 60 galegas.
|