Inicio STEG
SINDICATO DE TRABALLADORAS E TRABALLADORES DO ENSINO DE GALICIA

  << Portada STEG

<< Portada Muller
Artigos de opinión
Prensa
Taboa revindicativa
Propostas didácticas
8 de marzo
24 de maio
25 de novembro
  
Ver calendario en grande
(pdf 168kb)

Tempo de Mulleres, Mulleres no Tempo.
Calendario editado pola Asemblea de Mulleres do STEG, en colaboración co Instituto de la Mujer.

Neste calendario, en todos e cada un dos días do ano, aparecen referencias a mulleres, e as súas aportacións ao arte, á ciencia, ao coñecemento, á xustiza social, á música... aportacións que na maioría de casos teñen sido ignoradas e invisibilizadas. Dende o STEG realizamos un importante traballo de investigación e recompilación co obxectivo de recuperar os nomes, vidas, historias e aportacións de todas elas ao coñecemento e experiencia universal.

Das 365 datas con nomes e historias de mulleres 45 son galegas, nacidas e/ou con experiencias vitais vencelladas a Galiza. Agora nós, as mulleres do STEG, pretendemos render unha sinxela homenaxe a estas mulleres, e contribuír ao tan necesario cambio no imaxinario colectivo, que sigue situando ás mulleres fundamentalmente no ámbito doméstico, na dependencia e na subordinación.

Queremos recuperar cada día a referencia a un nome, unha historia, un compromiso, un descubrimento, porque o coñecemento real da nosa historia axudaranos a avanzar neste tempo de mulleres. Ademais, esperamos que sexa un material útil e valioso para os centros educativos, tan necesitados de superar os estereotipos de xénero e avanzar cara un modelo coeducativo.

TIRA DO FÍO. Actividades para traballar o calendario (pdf 21kb)

Se queres un exemplar gratuíto, podes recollelo en calquera das nosas sedes.