SECRETARIA DA MULLER
ARTIGOS DE OPINIÓN

SINDICATO DE TRABALLADORAS E TRABALLADORES DO ENSINO DE GALICIA

                   MULLER E POLÍTICA EN GALICIA

A análise dos datos das eleccións municipais do pasado día 13 de xuño de 1999 demostra que os resultados foron moi negativos en relación coa participación e presencia da muller nos gobernos municipais de Galicia. As mulleres acadaron só 613 concellerías  das 3.900 de toda Galicia (15,8%). Na provincia da Coruña hai 206 concelleiras, en  Lugo, 106; en Ourense, 137; e en Pontevedra 151. Esto quere dicir que do total de edís elixidos, 3.287 son homes, o que supón o 84%.

                Da totalidade  dos 316 municipios de Galicia, hai 64 que non teñen no seu goberno municipal nin unha soa muller. Deles 16 pertencen  A Coruña, 13 a Lugo, 25 a Ourense e 10 a Pontevedra..

                O PP non ten representación feminina en 110 concellos, o PSOE en 217 e o BNG en 221. O PP acadou un total de 311 mulleres concelleiras; o PSOE, 138; o BNG, 127; e a suma dos restantes partidos minoritarios, candidaturas independentes e plataformas veciñais que se presentaron, lograron 37 concelleiras, cunha cota de participación feminina do 14,4%. . Dos 316 concellos en que está dividida Galicia, só 10 mulleres son alcaldesas.

                Por outra parte, o PP non presentou ningunha muller nas listas de 48 municipios, o PSOE en 26 e o BNG en 17. En resumen, os 3 partidos maioritarios non presentaron mulleres nas listas de 90 concellos.

                O Partido Popular presentou como número un unha muller en 13 listas, o PSOE en 22 e o BNG en 36. De feito este último partido foi o único que presentou mulleres encabezando listas en cidades importantes. En Santiago e Lugo.

                               Como se pode observar, a representación feminina quedou moi lonxe da democracia paritaria que suporía un 40%-60% mínimo mulleres-homes, tal como se reclamou dende a Declaración de Atenas e da Conferencia Mundial sobre a Muller, celebrada en Pekín en 1995 ó amparo das Nacións Unidas.

As mulleres galegas non terán mellor sorte para verse representadas nas eleccións xerais do 12 de marzo. As listas dos diferentes partidos levan mulleres nun  30% da súa composición, pero será moi difícil conseguir máis alá do 15 % de representación  entre Congreso e Senado dada a súa colocación en postos de saída.

                Partindo da base de que as mulleres constitúen a metade das intelixencias e das cualificacións da humanidade, polo que “a súa escasa presencia nos postos de decisión constitúe unha perda para o conxunto da sociedade”. “Unha participación equilibrada das mulleres e dos homes nas tomas de decisións xeraría ideas, valores e comportamentos diferentes, que conducirían a un mundo máis xusto e equilibrado”.

                 O resultado das eleccións constata que a situación da muller, a pesares dos avances respecto a épocas anteriores, segue sufrindo un claro déficit de igualdade.  O déficit máis concluinte é o que se refire a permanencia de estructuras androcéntricas en que as regras e pautas de funcionamento seguen ignorando os intereses, as preocupacións e as necesidades das mulleres. A sociedade ten un gran labor que levar a cabo para lograr cambiar as estructuras androcéntricas por unha participación equilibrada das mulleres e dos homes e para proporcionar as mulleres o apoio necesario a través da información e da formación. A sociedade debe tomar boa nota  dos resultados das eleccións dos últimos anos e traballar no eido da igualdade para que esta nos leve a unha democracia paritaria real, non só en leis escritas, senón que na práctica inmediata a muller participe nas responsabilidades públicas e na toma de decisións.

                                                                             

PARTIDOS

HOMES

MULLERES

TOTAL

PP

1.871 –  85,7%

311  -  14,3%

2.182

PSOE

 724   -  83,9%

138  -  16,1%

862

BNG

 472  -  78,8%

127  -  21,2%

599

OUTROS

 220  -  85,6%

37  -  14,4%

257

TOTAL

3.287  -  84,2%

613  -  15,8%

3.900

 

Laura López Atrio. Vigo

Imprimir este artigo 

Artigos de opinión Portada Secretaria da Muller Portada STEG