Coeducación: o
tema sempre pendente
Nos últimos 25 anos temos experimentado
4 leis educativas diferentes. Os movementos feministas e o profesorado
comprometido con cambios a prol da igualdade de oportunidades
e recoñecemento histórico e científico
das mulleres non temos decaído ante ningunha das reformas
e contrarreformas esixindo unha escola coeducadora. Unha escola
coeducado- ra, que se comprometa realmente coa educación
para a igualdade.
A perspectiva non é nada alentadora,
hai 15 anos coa reforma que se iniciaba coa LOXSE abríase
a porta ao traballo sobre temas trans- versais, como a educación
afectivo-sexual, a educación en valores de convivencia
e bo trato, tan propios da cultura das mulleres e tan útiles
para a prevención da violencia de xénero, a promoción
da igualdade, do respecto e liberdade. Pouco a pouco fóronse
esvaendo os principios e ideais que guiaban a reforma, e nunca
se criaron os recursos, nin os tempos, nin os planos para afondar
na coeducación. Hoxe, aparcada a contrarreforma que preten-
día a LOCE, unha lei segregadora e sexista, e embarcadas
nunha nova lei educativa, a LOE, non podemos permitirnos abandonar
esta idea e perder a ocasión para enfrontar, aínda
que sexa con retraso e sen unha experiencia previa sólida
e avaliada, o reto de tentar construír unha escola coeducadora.
#emos algún apoio externo, escaso pero significativo,
como son os capítulos dedicados a medidas educativas
na Lei Integral de Prevención da Violencia de Xénero
e na Lei Galega de Igualdade. Certamente son moi xerais pero
danlle rango de lei ao que o movemento feminista e o profesorado
comprometido coa coeducación sempre defendemos.
#emos bastantes problemas internos, desaparición
dos temas transversais na nova lei, menos tempos para a coordinación
de planos e programas e demasiadas cargas curriculares. Ademais,
despois de evitar o debate sobre a necesidade e oportunidade
dunha materia sobre igualdade, temos unha nova materia Educación
para a Cidadanía, que non sabemos o que se espera dela
e moito menos en que se pode converter.
Ao tempo, observamos un claro retroceso social:
moitos/as pensan que a escola non é o lugar onde temos
que traballar estes temas, que á escola se vai a aprender
lingua, matemá- ticas e ciencias...E outros/as, con intereses
no adoutrinamento moral de nenos e nenas, con- sideran “perigosos”
materiais como a Guía para Chicas de María José
Urruzola, utilizada desde os anos 90 como recurso coeducativo
e agora retirada pola Consejería de Educación
de Cas- tela A Mancha, gobernada polo PSOE, sen resistir a ofensiva
do PP.
Así as cousas, non nos queda outra
que tirar para adiante, e non decaer nunca nos obxectivos dunha
escola coeducadora que sexa capaz de dar recoñecemento
ás mulleres, superar os estereotipos de xénero
que restrinxen a liberdade de homes e mulleres, respectar e
valorar as diferenzas e mostrar outras masculinidades e feminidades
máis libres.
Claro que todo isto non se consegue unica-
mente coa vontade do profesorado e profesio- nais comprometidos
coa coeducación. E necesario e urxente planificar e coordinar
accións desde a administración educativa, introducir
protocolos e pautas de intervención nos proxec- tos educativos
e curriculares dos centros e nos plans de acción titorial,
para que chegue planificada e coordinadamente a todas as aulas
e todas as persoas que preparamos para construír outro
mundo, máis xusto e igualitario.
Victoria Rei Mariño (Asesora enj igualdade)
Concha Fernandez (Profesora de Formación Profesional)