|
8 de Marzo 2002 |
SINDICATO DE TRABALLADORAS E TRABALLADORES DO ENSINO DE GALICIA |
PROPOSTAS
DIDÁCTICAS PARA SECUNDARIA
Secretaría
da Muller do STEG
Estas
propostas pretenden aportar unha serie de ”ideas” susceptíbeis de ser
aproveitadas polo profesorado deste nivel, de cara á celebración do 8 de marzo
nos centros de ensino.
O
obxectivo é propiciar a reflexión na aula acerca da realidade do “sexismo”
e as súas múltiples manifestacións na nosa sociedade, moitas dos cales poden
entrañar certo grao de “violencia” ou “maltrato” cara o sexo feminino.
Para axudar aos alumnos e alumnas a detectalas e a ser críticos con elas,
proferimos un debate en torno a dúas preguntas motivadoras, ao que irán
asociadas varias actividades.
1ª
pregunta: ¿O QUE É UNHA ACTITUD SEXISTA? Entre
todos e todas buscaremos unha definición consensuada coa orientación do
profesorado que pode aportar palabras chave (desprezar, ignorar, criticar,
valorar prexulgando en razón do sexo...)
ACTIVIDADE
1:
IElaborar
(en grupos de 3 ou 4) unha lista de ideas previas sexistas (Ex: as mulleres
son débiles, non están preparadas para traballos duros, sacan o traballo aos
homes...)
IValorar
como verdadeiro ou falso cada ítem do listado anterior, en grande grupo e achar
as porcentaxes separando rapaces e rapaces.
I¿Danse
en sentido inverso? Repetir o exercicio con ideas preconcebidas dos homes que
tamén sexan “sexistas” (Ex: os rapaces son todos uns brutos, non
teñen sentimentos) e comparar resultados.
IDebater
sobre as motivacións destas ideas (o peso da tradición, os roles sociais...) e
extraer conclusións.
2ª
pregunta: ¿QUE EXEMPLOS ATOPAMOS NA NOSA VIDA COTIÁ DE ACTITUDES SEXISTAS?
Poderíanse
atopar en moitos ámbitos pero centrarémonos en dous: a linguaxe e os medios de
comunicación.
ACTIVIDADE
2:
IElaborar
listados con adxectivos aplicados a
rapaces e rapazas, e valorar a imaxe de cada sexo que subxace e as connotacións
positivas ou negativas que transmiten (Ej: rapaza: sensíbel, lista, doce,
descarada / rapaz: seguro, intelixente, duro, rebelde).
I¿Que
connotacións e significados teñen os adxectivos e insultos que as mozas e os
mozos utilizan para se referir aos seus compañeiros e compañeiras?
ACTIVIDADE
3:
IReflexionar
sobre o papel da muller nos medios de comunicación (ignorada ou ausente nos
espacios “serios”, maltratada e humillada nos de entretemento, silenciada,
pois se contan as cousas desde unha visión masculina).
IDetectar
casos deste “maltrato” cara a muller na TV, por diversos motivos: por
presentar unha imaxe denigrante do sexo feminino, por empregar a violencia
verbal cara as mulleres con descalificacións xeneralizadas, por usar ás
mulleres como reclamo sexual para aumentar audiencia (Ex: Crónicas Marcianas, Tómbola...)
ACTIVIDADE
4:
Na
publicidade abundan as mulleres reclamo/obxecto. Tamén hai anuncios que mostran
uns roles masculino e feminino que perpetúan a discriminación. Ex: o tipo
duro, triunfador, xefe de familia admirado e servido pola súa muller que é ama
de casa ou traballadora sen ambicións.
IRecompilar
por grupos de 3 ou 4 persoas anuncios que conteñan imaxes ou mensaxes sexistas
e expolos ao resto analizándoos .
ITraer
de casa anuncios de prensa ou revistas que destaquen por mostrar á muller como
obxecto (Ex.: moi frecuentes nos de tabaco ou alcohol).
IAnalizar
os seguintes anuncios e detectar a “perversión” principal de cada un ou o
estereotipo “feminino” que pretende destacar:
$
OLIMPO:
“¿En que se fixan primeiro as mulleres? Na gravata, no cinto ou na carteira?”
[interese económico]
$
ACERALIA
(unha muller conducindo un deportivo): “Es tan forte e protector. Síntome tan
segura ao teu lado...oxalá os homes fosen coma ti“ [necesidade dun macho
protector]
$
FRENADOL:
unha rapaza agacha á súa amiga o medicamento para evitar que esta poida acudir
a unha cita con un rapaz que lle gusta [envexa, maldade]
$
BOCATTA:
unha compañeira de traballo tápalle a boca, con un bocata a outra que está
destripando a unha terceira porque “se puxo silicona” e imaxínaa facéndolle
confesar que pasou polo quirófano nunha máquina de tortura [chismorreo,
frivolidade]
$
REIG
MARTI: “as nórdicas están de moda...porque son quentes na cama”; en alusión
a unha famosa modelo que aparece de lombos [cosificación, obxecto sexual]
ACTIVIDADE
5: Establecer un debate a partir da seguinte cita motivadora
“Se
Eva escribise a Xénese, ,¿como seria a primeira noite de amor do xénero
humano?
Eva
comezaría por aclarar que ela non naceu de ningunha costela, nin coñeceu a
ningunha serpe, nin ofreceu mazás a ninguén e que Deus nunca lle dixo que
parirás con dor e o teu home che dominará. Que todas esas historias son puras
mentiras que Adán contou á prensa.”
(“Patas
en riba. A escola do mundo ao revés”.Eduardo Galeano. Século XXI)
| 8 de marzo | Portada Secretaría da Muller | Portada STEG |