8 de Marzo 2002

SINDICATO DE TRABALLADORAS E TRABALLADORES DO ENSINO DE GALICIA

PROPOSTA DE ACTIVIDADES PARA PRIMARIA

Secretaría da Muller do STEG

1.CREAMOS REDES DE IGUALDADE

1.     Comezase a actividade traballando en clase o tema da igualdade, adaptando o enfoque aos niveis. Pódese traballar por exemplo a partir de preguntas, ¿Que cousas pensamos que non somos iguais nenas e nenos –por exemplo no colexio, na casa, nos xogos...-e como as vivimos? Faise unha lista coas diferencias. A continuación traballase sobre como lles gustaría que se mudasen estas diferencias e que alternativas prefiren.

2.     No patio fórmanse 2 círculos concéntricos nos que se mesturan nenos e nenas e un círculo maior –que rodea aos outros dous- co resto de nenas e nenos do colexio e o profesorado. O círculo interno leva máscaras que reflictan a diversidade –caras ledas e tristes, caras brancas e negras, etc.-e o que o rodea leva flores. Os dous círculos internos únense con apertas e os das máscara sácanllas e receben as flores do resto. Levan lás que lles van dando aos do grande grupo e ao final acaban todas e todos enguedellados, e lánzanse mensaxes como: todos e todas somos iguais, a diversidade enriquécenos, a diversidade é bela,etc.

2. AS ESCOLAS DAS AVOAS.

Esta actividade serve para que o alumnado coñeza a historia da educación no noso país, como foi a educación regulada e non regulada das mulleres, e para que tomen conciencia da súa propia educación e socialización.

1.     Convidase ás avoas ao centro para que conten como eran as súas escolas e como as vivían elas: que cousas lles aprendían, que cousas facían, como eras as súas escolas, con que materiais traballaban, que cancións cantaban, cales eran os seus xogos.

2.     Outro día convidase ás nais e faise o mesmo.

3.     Un terceiro día o alumnado convida a nais e avoas e eles cóntanlles como son as súas escolas.

Pódese facer unha exposición de fotos das avoas, de bordados, roupa ou outros obxectos da época. Pódense cantar cancións das épocas das avoas.

Ao final pódese facer un libriño no que o alumnado reflicta o que eles aprenderon e o que pensan sobre o tema.

3.RECRIANDO OS CONTOS

Ler un conto que propoña situacións, actitudes, roles...sexistas. Organízase un debate sobre o tema e búscanse soluciones e alternativas.

O importante é ver o proceso que seguen as alumnas e os alumnos para buscar as solucións, como se consensúa entre os grupos, o papel das nenas nos debates e nas exposicións das alternativas...

As nenas fan un listado coas cousas que lles resultaban violentas dos nenos, e os nenos ao revés, e faise un listado. Faise ademais un listado alternativo co que nos gusta. Con eses listados entón poden facer un conto e contalo ao resto dos grupos...

4.     O TREN DA PAZ.

Para traballar a diversidade.

Fanse vagóns de trens con cartolinas e papel continuo ou caixas. Cada vagón únese ao resto con cañas ou cordas.

Cada clase fai un vagón. En cada vagón trabállase un tema, por exemplo: nenas e nenos somos iguais, as relixións, os sentimentos que nos gustan, outro con non importa o aspecto físico, a cor da pel, etc. Estes temas reflíctense nos vagóns con debuxos, frases, fotos...

O tren paséase polo centro e despois pódese colocar como un mural.

5.     A ALFOMBRA MÁXICA.

Non se lles conta de o que vai a actividade, para que sexa para elas e eles unha sorpresa.

Cóbrese o chan con unhas mantas, ou colchonetas, pero que non ocupen demasiado espacio para que o alumnado se sente sobre elas de forma que estean moi xuntos. Pídeselles que pechen os ollos e convencéselles para que os manteñan pechados todo o tempo, porque se non...caeranse de...

Inventámonos unha historia, por exemplo “¿O que é isto?,o que é isto?,pero se é...unha alfombra máxica.Uh...estase a elevar...desapareceu o teito e estamos sobre o colexio...a alfombra está a xirar...uh...agora vai moi rápida...que vexo alá...estamos a atravesar algo brandiño –con un pulverizador botáselles auga para que sintan que están nunha nube-...“

Imos describindo lugares, situacións polas que vai voando a alfombra. Trátase de lles describir situacións marabillosas baseadas en paisaxes nos que se respecta a natureza, aldeas nas que non existe a violencia, lugares nos que a xente é moi diferente pero se respectan...

As descricións dos lugares fanse de tal forma que se involucren emocionalmente: que se rían,  que se entristezan...

Imprimir a unidade didáctica  

8 de marzo Portada Secretaría da Muller Portada STEG