|
8 de Marzo 2001 |
SINDICATO DE TRABALLADORAS E TRABALLADORES DO ENSINO DE GALICIA |
Proposta didáctica 8 de marzo, 2001
ALUMNADO
Infantil e Primaria
Dramatizar algúns contos tradicionais cambiando o sexo dos/as protagonistas.Crear diferentes recunchos na aula con distintas tarefas domésticas para que nenos e nenas as practiquen e valoren.
Representar nun cuadro de dúas entradas "Un día na vida dos membros da túa familia"
Visitar algún centro de traballo próximo e analizar como están distribuídas as responsabilidades por sexos.
Na hora do recreo traballar co espacio, tentando redistribuílo. Traballar con xogos cooperativos e conseguir que as nenas ocupen tamén a parte central do patio.
Traballar a afectividade. Por exemplo, dramatizando situacións cotiás nas que expresemos de distintos modos o afecto entre familiares, amizades, etc.
Secundaria
Averiguar por qué o 8 de marzo é o Día Internacional das Mulleres.
Investigar sobre cándo e cómo acceden as mulleres ao voto.
Elaborar murais coas fotos e a historia de mulleres que destacaron en distintos aspectos da cultura.
Revisar a prensa e analizar a presencia de homes e mulleres nas distintas seccións e artigos.
Realizar unha revisión crítica das entradas do diccionario nas palabras Home e Muller e nalgúns adxectivos asociados a homes e mulleres (verdulero-verdulera, público-pública, fulano-fulana, zorro-zorra, etc).
Realizar redaccións nas que o alumnado imaxine cómo será a súa vida sendo un rapaz e sendo unha rapaza. Analizar críticamente as diferencias.
PROFESORADO
Só na medida que recoñezamos as nosas actitudes sexistas seremos quen de modificalas e, o que é máis importante, de transmitir ao noso alumnado pautas de comportamento diferentes.
Propostas
Revisa a linguaxe que se utiliza na documentación que se manexa no centro procurando que non invisibilice ás mulleres.
Reflexiona sobre a linguaxe que utilizas na aula, nomea ás nenas.
Observa e corrixe as expresións despectivas que se utilizan asociadas ao feminino.
«A diferencia sexual non é a linguaxe quen a crea. O que debe
facer a linguaxe é, simplemente, nomeala, posto que existe. De termos en
conta que homes e mulleres temos o mesmo dereito a ser e a existir, o feito
de non nomear esta diferencia é non respectar un dos dereitos fundamentais: o da
existencia e a representación desa existencia na linguaxe».
FAMILIA
Enviar unha carta ás familias explicando por qué o 8 de Marzo é o Día Internacional das Mulleres, e lembrando que:
Ningún sexo é máis intelixente, habilidoso, creativo, cariñoso, etc. que o outro
Se queremos que as nosas fillas e fillos desenvolvan todas as súas posibilidades a escola e a familia debemos facer esforzos para: > Considerar a mozos e mozas coas mesmas responsabilidades. > Respectar os seus gustos, diversións, amizades, aínda que no encaixen nas atribuídas tradicionalmente a cada sexo na nosa sociedade. > Favorecer que asuman as tarefas domésticas como responsabilidade de todas as persoas que viven na casa. > Mostrar afecto tanto aos rapaces como ás rapazas, e acoller favorablemente as suas expresións de afecto. > Desenvolver o seu espíritu crítico ante os modelos que ofrece a sociedade, axudándolles a construír alternativas a esta situación
«Hai que iniciar a destrucción da masculinidade e feminidade tradicionais (..) posto que o desigual ritmo dos perfís de xénero está dificultando as nosas vidas, as de homes e mulleres, as nosas relacións, as nosas posibilidades. Estannos a poñer moi difícil a comprensión mutua, e incluso aquilo que chamamos felicidade.»
Marina Subirats
BIBLIOGRAFÍA
FRANCE, P. Hacia una educación infantil no sexista. Morata. Madrid, 1988
MORENO,M. Cómo se enseña a ser niña: el sexismo en la escuela. Ed.Icaria,Barcelona,1986.
OLIVEIRA MALVAR, M. Eros: Materiais para pensar o amor. Ed. Xerais, Vigo 1994
PÉREZ, M. E CURRAIS,X. Feminino e masculino. Materiais de Coeducación. Educación Secundaria. 4 vol. Ed Xerais, Vigo 1995
SEMINARIO DE EDUCACIÓN PARA LA PAZ Sistema sexo-género. Unidad didáctica. Ed. Los libros de la catarata, Madrid 1996
SUBIRATS,M., E BULLET,C. Rosa y azul: la transmisión de los géneros en la escuela mixta. Instituto de la Mujer, 1988.
URRUZOLA, M.J. ¿Es posible coeducar en la actual escuela mixta? Una programación curricular sobre las relaciones afectivas y sexuales. 1991.
CUADERNOS PARA LA COEDUCACIÓN. Varios títulos. Institut de Ciències de l’Educació.
CUADERNOS DE EDUCACIÓN NO SEXISTA. Varios títulos. Instituto de la Mujer.
| 8 de marzo | Portada Secretaría da Muller | Portada STEG |