8 de Marzo 2000

SINDICATO DE TRABALLADORAS E TRABALLADORES DO ENSINO DE GALICIA

 O tesouro máis grande que teño na vida

é a capacidade de soñar.

nos momentos mais difícis,

 nas situacións máis duras e complexas

fun capaz de soñar

cun futuro máis fermoso”

Rigoberta Menchú Tum

 

Un aceno, aldraxar, bater,

ridiculizar, facer ouvidos xordos,

menosprezar, ameazar, marxinar,

nunha palabra: excluír.

Todo isto é VIOLENCIA ....

                                           ...E ti, que é o

o que fas?

                  A pregunta que encabeza esta campaña pretende ser, tal e como indicábamos na primeira fase da mesma, unha chamada de atención a cada unha das persoas que convivimos nunha sociedade onde a violencia, lonxe de ser algo caduco, impera cada día máis.Unha chamada de atención, fundamentalmente, nesa faceta educadora que desenvolvemos quen nos atopamos con xente nova ao noso redor (pais, nais, educadoras, educadores,...).A nosa actitude, permisividade ou rexeitamento ante os insultos, agresións ou desprezos, constitúen un modelo de actuación moi importante para os rapaces e rapazas. Por iso, é imprescindíbel que para prever actitudes e estructuras violentas, abandonemos os modos destructivos de pensamento e conducta e desenvolvamos un modelo diferente de persoa.                 

Aínda que nos últimos anos a nosa sociedade foi tomando conciencia da violencia que existe na rúa e nas casas, e foi mostrando maior preocupación polo tema, a existencia de comportamentos violentos entre a infancia e a mocidade é unha realidade cada vez maior. Manifestase en diferentes ámbitos da vida: en casa, nos xogos, nos deportes, na escola, e en definitiva, en toda relación de convivencia onde se presenta a resolución de conflictos. Esta tendencia non pode deixar de nos preocupar , por un lado, porque é o resultado dunha práctica aprendida a través dos múltiples medios cos que se educa a unha persoa especialmente nos primeiros anos da súa vida, e, por outro, porque nos presenta un futuro onde as probabilidades de que incrementen os malos tratos e as agresións contra as persoas e o medio que nos rodea son maiores.

 

A EDUCACIÓN AFECTIVA.

                  A violencia contra as mulleres adquiriu un protagonismo inusitado. Apenas  transcorre un día sen que os medios de comunicación aborden este tema ao amparo de algún asasinato, violación, agresión sexual ou acoso laboral, actos executados por homes que, ou conviven coas víctimas (homes, noivos, compañeiros,...)ou conviviron con elas (ex compañeiros).

                  Estas conductas violentas, as clasificamos como agresións sexuais porque en elas hai imposición, ataque, falta de respecto ao corpo.Pero estes feitos non acontecen illladamente ou por casualidade, son casos extremos producto de certas crenzas, costumes e actitudes que temos incorporadas no noso medio e dos que ás veces non somos conscientes.

Cométese unha agresión sexual:

Se analizamos estes indicadores, poderemos atopar exemplos abondo para os ilustrar na vida cotiá e nos centros educativos.A socialización das rapazas e rapaces é tan distinta, que nos xogos de relación amorosa pode haber códigos ou linguaxes tan diferentes, que ás veces é preciso unha aprendizaxe para unha correcta interpretación. En xeral, houbo unha tendencia a trivializar estes comportamentos en segundo que niveis, aínda que a aparición dun maior número de denuncias de agresións tamén a nenos e nenas, está a colaborar a unha mellor comprensión da importancia que pode ter a influencia destes comportamentos vividos na infancia e a mocidade.

                  Por outro lado, é imprescindíbel considerar a submisión como un comportamento tan inadecuado como a agresividade. Pese a que estas conductas non son tan distorsionadoras como as agresivas, son igualmente disfuncionais e os seres humanos que as adoptan non poderán desenvolver todas as súas capacidades, polo que haberá que intervir para as frear .

                  Os impulsos de destrucción, a necesidade de bater, de facer dano, aparecen cando as persoas non poden explicar –ni explicarse - os seus sentimentos e cando estes teñen tanta forza que resultan incontrolábeis para quen os experimenta. Consecuentemente, o que convén, se queremos eliminar as conductas agresivas e destructivas, será axudar a verbalizar aos nenos e nenas, o mais pronto posíbel, as súas emocións e os seus sentimentos. E continuar esta labor na adolescencia e entre as persoas novas.

De aí que se revele como unha necesidade das persoas a aprendizaxe do controlo emocional, a educación da afectividade. “A afectividade, como unha capacidade básica a desenvolver para conseguir unha convivencia humana satisfactoria coas persoas, animais, medio natural e cos obxectos”.

ALGUNHAS PROPOSTAS.

NO CENTRO EDUCATIVO.

1.          Dar relevancia ás relacións na práctica educativa, a través de:

·              Programar xornadas de acollida ao comezo do curso

·              Reservar tempos definidos para traballar sobre a convivencia dentro do horario lectivo

·              Escoitar o que nenas e nenos expresan sobre as súas vivencias, tendo en conta que unhas e outros teñen diferentes puntos de vista sobre o feito.

·              Valorar formas de estar e convivir baseadas no diálogo e no coñecemento da realidade concreta.

·              Establecer conxuntamente unhas normas de comportamento ás que o grupo se comprometa a respectar e facer respectar, de tal maneira que cando alguén as infrinxa sexa todo o grupo-clase quen se sinta forzado a intervir.

·              Criar espacios de reflexión onde sexa posíbel expresar sentimentos e prexuízos e onde se produza un troco de opinións e experiencias.

2.          Emprestar atención á globalidade da escola e ler a realidade que muda:

·              Non centrar a ollada só nas manifestacións de violencia, isto fai que ditas manifestacións se axiganten e que todo o demais, que é moito, perda importancia e significación.

·              Fronte ao catastrofismo, preguntarse en cada caso o que podemos facer para criar ou fortalecer os espacios de convivencia.

·              Ler os resultados de enquisas e dados extraendo delas toda a información que proporcionan. Por exemplo, o feito de que existan moitas persoas que se consideren racistas significa que hai unha alta porcentaxe de racismo, pero tamén que moitas persoas están dispostas a manifestar os seus sentimentos, aínda que non lles gusten, para poder transformalos .

·              Partir de que é posíbel unha realidade na que a violencia e as súas formas, ademais de non ser valoradas se convertan en impensábeis.

3.          Criar un clima no centro educativo que elimine os estereotipos que aínda manteñen en moitos ámbitos para rapaces e rapazas:

·              Mostrar no aula unha representación equilibrada de homes e mulleres realizando  todo tipo de actividades e asumindo actitudes diferentes ás establecidas para un e outro sexo.

·              Resaltar as representacións de homes e mulleres establecendo relacións abertas, comunicativas e capaces de resolver conflictos sen violencia e sen negar o que senten e pensan.

·              Dar espacio e valor propio ás palabras das rapazas, un valor que non estea referido sempre ao que piden, senten, preguntan e desexan os rapaces; é dicir, darlles a posibilidade de que se expresen e se representen en feminino (a linguaxe, os exemplos, as ilustracións deben mostrar a experiencia feminina non asimilada á experiencia masculina, nin traducida por outros).

·              Dar o mesmo grao de responsabilidades a rapaces e rapaces nas diferentes tarefas que se lles encomenden.

·              Controlar aquelas actitudes dos rapaces, tais como o falar por falar, “corrixir” reiteradamente o que din as rapazas ou outras manifestacións que, sen aportar riqueza ao grupo, están destinadas somentes a chamar a atención e a obter liderazgo.

·              Non utilizar ás rapazas como apaciguadoras das actitudes violentas dos rapaces e non agachar esta violencia detrás de palabras que a suavizan: “cosas de rapaces”, “trastadas”, ou que simplemente a ignoran como se fose inevitábel.

·              Non permitir actitudes desprezativas e violentas cara as rapaces, onde se fai alarde dunha falsa superioridade masculina por parte dos rapaces: por exemplo, expresións como “es un nenazas” non son inocentes e crean unha imaxe simbólica negativa  que é ser nena, con menos valor que é ser un neno.

·              Dar suficiente transcendencia ás actitudes dos nenos que supoñen prepotencia fronte ás nenas e que con frecuencia derivan na idade adulta en maltrato cara as mulleres.Trátase dunha espiral que vai a máis cando as persoas adultas fan ouvidos xordos a estas situacións ou que as consenten de forma tácita no mundo infantil.

·              Traballar para que o alumnado de calquera idade aprenda a distinguir entre comportamentos asertivos, submisos e agresivos

4.          Criar situacións nas que predominen o recoñecemento e a comunicación, evitando catastrofismos e xerarquizacións impostas.

·              Coidar o linguaxe e os métodos, os cales moitas veces reproducen a violencia que non nos gusta e que queremos evitar (por exemplo, frases como “combate o...”, “loita contra a...”,“usar as armas adecuadas para...”suxiren unha actitude guerreira centrada na destrucción e non na xeración de algo novo).

·              Dar recoñecemento as persoas que non se achican ante a violencia, aportan elementos necesarios para a convivencia e aceitan con iso os medos e contradiccións que existen en cada grupo humano.

·              Tan pronto como se perciba un conflicto entre o alumnado, poñelo sobre a mesa, non negalo , nin tentar disimulalo , se non incitar ao alumnado a explicarse e explicalo para achar de forma conxunta unha solución que ao colectivo semelle aceptábel.

 

NA FAMÍLIA.

·              Aprender a observar as actitudes positivas que mostran as fillas e os fillos nas súas relacións humanas.

·              Explicitar a valoración destes comportamentos positivos, para colaborar na súa autoconfianza, seguridade e satisfacción persoal.

·              Potenciar a práctica dunhas relacións afectivas cotiás entre as persoas da familia

·              Educar para que practiquen fóra do ámbito familiar unhas relacións de cordialidade, compañeirismos, amizade e solidariedade

·              Recoñecer a necesidade de recibir unha educación sexual adecuada desde que nace unha persoa.

·              Respectar o corpo de cada persoa e aprender a dicir “si” e “non” ante calquera relación co corpo.

·              Corrixir calquera comportamento de violencia entre as persoas da familia.

·              Evitar calquera comportamento discriminatorio entre as persoas da familia, por razóns de sexo ou idade.

·              Buscar solucións inmediatas ante calquera comportamento de violencia sexual, afrontando as dificultades que conleven.

·              Aprender a analizar a influencia da televisión nos comportamentos das súas fillas e fillos.

·              Coordinar a tarefa educativa familiar coa escolar.

BIBLIOGRAFÍA

·              PREVENIR A VIOLENCIA.UNHA CUESTIÓN DE TROCO DE ACTITUD.

Série Cadernos de Educación non sexista nº 7.

Instituto da Muller

·              EDUCAR EN RELAZÓN.

Série Cadernos de Educación non sexista nº 6.

Instituto da Muller

·              RAPACES SON, HOMES SERÁN.

Como romper os lazos entre masculinidade e violencia.

Myriam Miedzian.Horas e Horas a editorial.

·              NEN RESIGNADAS NEN SUBMISAS.

Técnicas de grupo para a socialización asertiva de nenas e rapaces.

Institut de Ciències de l’Educació.Universitat Autònoma de Barcelona.

·              EDUCAR PARA A PAZ.Unha proposta posíbel.

Seminário de educación para a paz.

Asociación Pro Direitos Humanos (Ortega e Gasset, 77 – 28006 Madrid)

·              ORIENTACIÓNS PARA A ELABORACIÓN DO PROXECTO COEDUCATIVO DE CENTRO.Desenvolvo Integral da Persoa.

Begoña Salgas.Editorial Maite Canal

·              A ALTERNATIVA DO XOGO. (Xogos e dinámicas en educación para a paz)

Seminário de Educación para a Paz.

Asociación Pro Direitos Humanos (Ortega e Gasset, 77 – 28006 Madrid)

·              COMO SE APRENDE A SER NENA: O SEXISMO NA ESCOLA.

Montserrat Moreno.Editorial Icaria

·              EDUCAR PARA UNHA CONVIVÉNCIA SEN VIOLENCIA SEXUAL.

Varias organizacións, entre elas a Asesoría e Seminários de Coeducación de Bizkaia

Imprimir a unidade didáctica  

8 de marzoPortada Secretaría da MullerPortada STEG