UN
MES CONTRA A HOMOFOBIA: XUÑO CON ORGULLO
Desde a Asemblea de Mulleres do STEG propomos
as seguintes actividades para desenvolver ao longo deste mes
nas aulas, co motivo do 28 de Xuño, día do Orgullo
Gay. Aínda que este día cae fora do calendario
escolar do alumnado, pensamos que as datas serven para lembrarnos
a necesidade de seguir a pular pola desaparición de todas
as formas de discriminación. Polo tanto, propomos considerar
todo o mes de xuño como datas especialmente sinaladas
para abordar a homofobia na nosa sociedade e no entorno educativo,
polo que propoñemos a campaña UN MES CONTRA A
HOMOFOBIA: XUÑO CON ORGULLO que conta con actividades
didácticas coas que sensibilizar ao alumnado sobre unha
realidade presente tamén nos centros educativos.