| O STEG consegue que a Consellería mude a súa proposta inicial sobre os agrupamentos.
CHEGAMOS A UN ACORDO QUE MELLORA NOTABLEMENTE AS RATIOS QUE SE VIÑAN APLICANDO ATE O DE AGORA.
|
Proposta da circular |
Proposta Consellería
9-6-09 |
1ª Proposta STEG |
Proposta Consellería
22-6-09 |
2ª Proposta STEG |
ACORDO DEFINITIVO |
EP mesmo ciclo |
20 |
18 |
14 |
15 |
14 |
14 |
EP distinto ciclo |
15 |
15 |
10 |
12 |
10 |
12 |
EI 4 e 5 anos |
20 |
---- |
----- |
----- |
14 |
14 |
EI 3,4,5 anos |
20 |
18 |
10 |
15 |
10 |
12 |
EI + EP |
---- |
----- |
8 |
---- |
Negociación nas xuntas de persoal |
10 |
O STEG asina un acordo sobre as ratios para os centros incompletos porque mellora o que se viña aplicando por parte da inspección educativa. Este acordo foi posible grazas a unidade sindical que mantivemos desde a filtración da circular dirixida á inspección, e que despois dun escrito conxunto de todas as OOSS e de plantes na mesa sectorial de educación obrigou á Administración a ter que moverse dos números que manexaban.
Cando as posicións estaban moi cerca no relativo a ratio de EP foi clave a proposta do STEG de contemplar unha ratio específica cando se escolarice alumnado de 3 anos, pasando así dos 20 iniciais aos 12 alumnas e alumnos que aceptou a Consellería. Esta proposta foi apoiada por outras organizacións.
Este acordo reducirá drasticamente o número de unidades que a Consellería pretendía eliminar coa circular enviada, e incluso a creación de novas unidades en moitos centros do rural galego, especialmente en EI. A espera de ter os datos a nivel nacional podemos comentar que na provincia de Lugo coa anterior proposta da Consellería se reducían 7 unidades de EI, cos número finais créanse 18 novas unidades de EI.
Tamén se aceptou a petición de que se tiveran en conta para establecer as ratios o alumnado repetidor, aspecto que non aparece en ningunha outra . Ademais os casos de alumnado con NEE serán estudados un por un nas xuntas de persoal. Acéptanse así dúas das peticións históricas do STEG.
O acordo contempla tamén a nosa petición sobre formación específica do profesorado en aulas multinivel , xa que este é un aspecto clave para a mellora da calidade do ensino nos centros do rural.
Estamos ante o mellor acordo asinado sobre ratios de todo o estado.
Isto demostra unha vez máis que o STEG, desde a súa independencia, asina calquera acordo que supoña unha mellora do ensino público galego .
* Texto do acordo para imprimir
Galiza 22 de xuño de 2009
|