Inicio STEG
SINDICATO DE TRABALLADORAS E TRABALLADORES DO ENSINO DE GALIZA
   Inicio

XORNADA ÚNICA

As organizacións sindicais acordamos unitariamente mobilizarnos para reclamar da Consellaría de Educación un novo proxecto de orde para a implantación da xornada única en sesión de mañá que recolla, entre outras cuestións, que:

  • Para proceder á modificación da xornada se requirirá a participación do 50 % do censo, entendendo un só voto por unidade familiar, e o voto favorábel dos dous terzos dos participantes.
  • O transporte escolar nunca condicionará o cambio de xornada lectiva proposta e aprobada pola comunidade educativa.


    Mércores 30 de xaneiro
    Concentracións nas catro provincias

Concentracións nas catro provincias, ás 18:30 da tarde nos seguintes lugares:
Santiago: Praza do Toral.
Pontevedra: Delegación de Educación.
Ourense: Delegación de Educación
Lugo: Edificio da Xunta de Galiza.
Nestas concentracións estivo chamada a participar toda a comunidade educativa.
Cartel anuncio da concentración Para imprimir e colocar no centro


16 de xaneiro Concentración diante da Consellaría

O STEG xunto coas restantes organizacións sindicais participamos nunha concentración de delegadas e delegados diante da Consellaría de Educación para trasladarlle as nosas reivindicacións para a negociación dun novo proxecto de orde sobre a implantación da xornada única. Ao final da mobilización presentamos un escrito dirixido á Conselleira de Educación no que lle solicitamos unha entrevista urxente e lle manifesmos a nosa vontade de continuar coas mobilizacións de non mudar a súa actitude


Tamén se está a levar a cabo unha recollida de pronunciamentos dos Claustros, Consellos escolares e ANPAS. Con este fin solicitámosvos que convoquedes os órganos de goberno do centro para tratar este tema e que deades traslado do escrito dirixido á ANPA ao seu presidente ou presidenta.

Escrito dirixido aos claustros / Consellos Escolares

Escrito dirixido ás Asociacións de Nais e Pais

Pregámosvos que as resolucións adoptadas as enviedes a unha das organizacións sindicais asinante e ao seguinte número de fax da Consellaría de Educación: 981545443.