Inicio STEG
SINDICATO DE TRABALLADORAS E TRABALLADORES DO ENSINO DE GALIZA
   Inicio

Mesa Sectorial do 14 de decembro de 2007

Propostas do STEG sobre a xornada lectiva en sesión única

  • Non hai modelo de xornada ordinaria nin extraordinaria. É ordinaria a que decida a comunidade escolar.
  • Eliminar a obriga de renovación anual. Garantir o paso de unha a outra polo mesmo sistema.
  • Eliminar o condicionante do transporte (informe do servizo de transportes esixido no punto 6º) para iniciar os trámites.
  • Maioría cualificada dos distintos sectores da comunidade educativa. En canto a votación de nais e pais a nosa proposta é de 2/3 de votos favorables do total dos emitidos, sempre que a participación supere o 50% do censo.
  • Esixir á administración que se faga cargo dos gastos de transporte para asistir ás actividades extraescolares.
  • Remate negociación a tempo para que as solicitudes para o curso 2008/2009 se fagan conforme á nova normativa.


Propostas do STEG sobre a orde de selección das direccións

  • Crítica ao sistema de selección. Non e o noso modelo. Sabemos que está regulado na LOE polo que imos facer aportacións que non contradigan o que alí se di.
  • Composición comisión: 3 claustro 2 consello 1 inspección (garda máis relación coa composición do Consello Escolar, que segundo nós é o órgano no que debera recaer a elección) (A LOE esixe polo menos 1/3 do Claustro (puideran ser máis) e outro 1/3 do Consello e o resto pola Administración.
  • Especificar que á hora de avaliar o Proxecto de Dirección se debe valorar especialmente que inclúa as persoas propostas para formar parte do equipo.
  • Obrigatoriedade de presentar os proxectos en galego. Senón se pode que se valore positivamente.
  • Nomeamento de oficio por un ano e sen obriga de facer o curso ou que este sexa en horario lectivo. Ademais as persoas nomeadas de oficio teñen que ser sempre con destino definitivo no centro. Que se aplique o mesmo criterio da adicional 3º para cando a dirección deixe o centro por concurso de traslados.
  • Quitar do baremo o punto 5 do corpo de catedráticos
  • Nomeamentos de 1 de setembro ao 31 de agosto. É lóxico que a persoa que empeza o curso o remate e en xullo hai moito traballo que non pode facer a persoa recen chegada. Unha boa parte do papeleo que hai que facer desde os equipos directivos, concéntrase en xullo.
  • Retirada da disposición adicional 3ª.