Inicio STEG
SINDICATO DE TRABALLADORAS E TRABALLADORES DO ENSINO DE GALIZA
   Inicio

Mesa Sectorial do 8 de abril
Orde de oposicións

A Administración asumiu as seguintes modificacións:

INFORME

  • Asumen que os requisitos para poder solicitar o informe van a ser os mesmos que na convocatoria do ano pasado dado que hai unidade sindical no tema. Non se comprometen a que estes requisitos se manteñan en próximas convocatorias.
  • As persoas opositoras que traballen noutros territorios que emitan informe, deberán presentar a súa Unidade Didáctica en Galiza.

TRIBUNAIS

  • Estudarán que as persoas que formen parte dos tribunais teñan, ademais da especialidade, tela exercido.
  • Estudarán a posibilidade de renunciar a formar parte dos tribunais as persoas que formaron parte destes o ano pasado.
  • Informarán aos tribunais que deben recoller todas as reclamacións, entendendo que estas están dirixidas aos propios tribunais e non á Administración.
  • Fixarán na convocatoria a data, hora e lugar de sorteo dos tribunais facendo unha estimación das persoas matriculadas. Non van facer cambios este ano no sorteo dos tribunais polo tema da paridade, si o van estudar para próximos anos.
  • Fixarán na convocatoria o prazo de constitución dos tribunais.

PROBA

  • Na convocatoria aclararán que os defectos de forma serán causa de exclusión
  • Analizarán o tema do anonimato da proba, como garantilo.
  • Especificarán na convocatoria que os chamamentos para as probas deben realizarse tamén na páxina web.
  • Estudarán reducir o tempo da proba para conservatorios.
  • Especificarán a proba práctica de Soldadura.

PROGRAMACIÓN

  • Aclararán na redacción que currículos hai que empregar para realizar a programación. Aqueles cursos nos que está en vigor este ano a LOE, a programación será LOE, nos que estea a LOGSE os opositores poderán escoller entre LOE e LOGSE
  • Haberá un modelo para que os tribunais expidan aos opositores conforme fan entrega da programación.

BAREMO

  • Seguirán contabilizando o tempo traballado polo profesorado de relixión xa que hai sentenzas xudiciais que así o establecen.
    O CAP é requisito para opositar a secundaria, aínda que transitoriamente non se esixa non o van puntuar.
  • Recollerán que as persoas que xa acreditaron os cursos de galego non o teñan que volver facer para o baremo. Aclaran que os cursos de iniciación e perfeccionamento de galego puntúan para todas as especialidades.
  • Estudarán incluír a puntuación correspondente ás persoas que coordinaron cursos de formación.
  • Non puntuarán as titorías de alumnado por non ser curso.

OBRIGA DE PRESENTARSE

  • Non teñen obriga de presentarse as persoas opositoras da especialidade de Francés de primaria por non convocárselle a especialidade.
  • Si teñen obriga de presentarse as persoas de Matemáticas, Ciencias Naturais e Ciencias Sociais pola especialidade de Educación Primaria.
  • As persoas da lista de Administración de Empresas non teñen obriga de presentarse a Economía xa que son especialidades distintas. Informan de que se vai facer unha lista única

Pola contra, non foron asumidas, entre outras, as seguintes demandas do STEG:

  • Informe. Pedimos que se retirara o requisito de estar en activo o día da convocatoria.
  • As persoas dos tribunais, ademáis de ter a especialidade, deberían ter destino pola especialidade, ou tela impartido en algún dos últimos tres anos. Asumida parcialmente.
  • Velar para que o nomeamento dos tribunais non afecte ao normal funcionamento dos centros. Por norma xeral non deberan ser nomeadas dúas persoas dun mesmo centro, con especial atención aos equipo directivos.
  • Creación dunha Comisión Coordinadora: Constituír unha comisión coordinadora composta polos presidentes e presidentas das comisións de selección máis unha representación da Consellería que tería como función coordinar e tratar de unificar criterios de actuacións para todos os tribunais. Tería carácter consultivo e informativo.
  • As probas comezarán a patir do 30 xuño para que non interfiran no funcionamento do centro.
  • Dado que se trata dunha única proba, todas as partes da mesma se deberán realizar en galego, como cumprimento da lei da función publica.
  • Anonimato do proceso: propoñemos que se poña un código de barras para garantir verdadeiramente o anonimato. Non o poden asumir para esta convocatoria por propblemas loxísticos.
  • Baremo:
    • Solicitamos que se valore o tempo de interinos que tiñan unha “excedencia” por coidados de fillas e fillos e persoas a cargo. Habería que regulalo noutro ámbito, na orde non poden.
    • Que non se puntúe o tempo ao profesorado de relixión e de facelo que se faga no apartado de outras especialidade na concertada xa que son elixidos coma eles.
    • Publicacións: dividir o 0,3 entre os autores.
    • Retirar. Condición de deportista de alto nivel.