|
SINDICATO DE TRABALLADORAS E TRABALLADORES
DO ENSINO DE GALIZA | |
| |
| Mesa Sectorial do 3 de
abril Na mesa celebrada o xoves 3 de abril, a consellaría non asumiu ningunha proposta de nigunha organización sindical, limitandose a dicir que serían estudadas, pero que este tema xa non volvería pasar pola mesa. Deste xeito, non queda garantido que todos os centros oferten un mínimo de dúas modadidades, non hai ningún compromiso de mudar a carga horaria proposta... en fin non hai garatía de que algunha das propostas poida ser aceptada. Máis que de unha mesa de negociación tratouse dunha mesa consultiva.
Por outra banda, e debido a imposibilidade de asistir á mesa por parte do Secretario Xeral, quedaron adiadas para o martes día 8 as ordes de oposición. |