Inicio STEG
SINDICATO DE TRABALLADORAS E TRABALLADORES DO ENSINO DE GALIZA
   Inicio

XORNADA ÚNICA
O STEG, de acordo con todas organización sindicais négase a negociar a proposta da Consellaría

Na Mesa Sectorial de hoxe, 21 de decembro, por fin se chegou a un acordo de todas as organizacións sindicais para pedir de xeito unitario a retirada da orde presentada pola consellaría.

Todas as organizacións acordamos pedir a retirada da orde e non entrar a negociar ata que a consellaría mude a súa postura no que consideramos os dous puntos claves:
1.- Eliminar o condicionante do transporte escolar
2.- Flexibilizar os requisitos na votación das familias

Nas distintas intervencións, todas as organizacións coincidimos en criticar o feito de que a nova orde, no canto de flexibilizar os requisitos, o que fai é poñelos máis esixentes e emprazamos á Consellaría a presentar un novo documento no que se recollan as nosas reivindicacións.

Na súa intervención, o STEG puxo en tela de xuízo a validez da sinatura da conselleira, pois con esta, orde incumpre claramente o acordo do 30 de abril de 2007 que no seu punto 8º recolle o compromiso de que a consellaría “negociará, ao longo do primeiro trimestre do curso 2007-2008, unha flexibilización dos requisitos necesarios na tramitación e concesión da xornada única.”