| ITINERANCIAS
O STEG chega a un acordo para asinar a orde que
regula as itinerancias
Grazas ao STEG as mestras que cheguen ao 5 mes de embarazo poderán
deixar de itinerar xa este curso.
O STEG, na mesa sectorial de hoxe 21 de decembro, chega a un acordo para
regular as condicións socilolaborais do, cada vez máis numeroso,
profesorado itinerante.
As modificacións máis importantes introducidas no documento
presentado pola consellaría son as seguintes:
- No punto 1 especifícase que todas as persoas de orientación
que compartan centro ou teñan centros adscritos, terán
a condición de itinerantes
- No punto dous redúcese o 1º tramo ata os 50 quilómetros
- No mesmo punto a redución horaria de permanencia fixa para
a ser de horario lectivo
- Redúcese a distancia máxima entre os centros a 35 quilómetros
- A partida para pago das itinerancias virá especificada aparte
nas dotacións dos centros
- A consellaría comprométese a acadar acordos coas compañías
de seguros
- O pago da quilometraxe será con efectos do 1 de setembro de
2007
- Grazas a unha proposta que só o STEG plantexou, as mulleres
que cheguen ao 5º mes de xestación este curso deixaran de
itinerar.
Galiza era un dos poucos territorios do estado onde non estaban reguladas
as condicións de traballo deste colectivo.
O STEG felicita e saúda a unidade sindical conseguida e á
Consellería por asumir a maioría das reivindicacións
presentadas.
|