Inicio STEG
SINDICATO DE TRABALLADORAS E TRABALLADORES DO ENSINO DE GALIZA
   Inicio

XORNADA ÚNICA

Hoxe, luns 5 de maio, fomos convocados pola administración, xunto cos demais sindicatos da Mesa Sectorial, a unha xuntanza informal coa Directora Xeral de Innovación Educativa para tratar o tema da xornada única que estaba paralizado despois das últimas mobilizacións.

A Administración entregounos un novo documento no que se plantexa, ademais da xornada única, unha nova xornada mixta.

O STEG non entrou a valorar este novo documento e solicitamos que retomase a proposta unitaria presentada por todas as OOSS na que se pedía:
• Un voto por unidade familiar
• 2/3 dos votos afirmativos cunha participación mínima do 50% do censo
• Eliminación do condicionante do transporte escolar

A Administración comprometeuse a asumir un voto por unidade familiar e a estudar unha baixada da porcentaxe de votos afirmativos sobre o censo. Tamén estudarán eliminar a condición de que pasen tres anos para poder solicitar de novo a xornada única unha vez que xa foi rexeitada.

A Consellería levará unha nova proposta a unha próxima Mesa Sectorial que se celebrará dentro de 7 ou 10 días.

Documento presentado pola consellaría