|
SINDICATO DE TRABALLADORAS E TRABALLADORES
DO ENSINO DE GALIZA | |
| |
| XORNADA
ÚNICA Na Mesa sectorial do 14 de decembro empezaron as negociacións de cara a regulamentar unha nova orde sobre a xornada única. Esta negociación é consecuencia do acordo do 30 de abril de 2007 que no seu punto 8º recolle o compromiso de que a consellaría “negociará, ao longo do primeiro trimestre do curso 2007-2008, unha flexibilización dos requisitos necesarios na tramitación e concesión da xornada única.” A proposta da Consellaría foi unha auténtica tomadura de pelo tal e como xa foi cualificada polo STEG na Mesa Sectorial, ás organizacións que representan ao profesorado xa que non elimina o condicionante do transporte e incluso é máis esixente na votación das familias, ao poder votar o pai e a nai, mantendo a necesidade dos 2/3 de votos afirmativos do total do censo. Todas as organizacións sindicais, con moi poucos matices, coincidimos nas nosas propostas tendentes a que as dúas xornadas se consideren ordinarias, que se elimine o condicionante do transporte, que se flexibilicen os requisitos na votación das familias (a proposta do STEG foi de 2/3 de votos favorables do total dos emitidos, sempre que a participación supere o 50% do censo), etc. Dado que todas as organizacións sindicais coincidimos nas nosas reivindicacións en canto á flexibilización dos requisitos, o STEG, decide apoiar a iniciativa da CIG aínda lamentando que a esta campaña non foramos invitadas as demais organizacións sindicais o que tería sido moito máis eficaz para o obxectivo que perseguimos. |