Oitavo.- Por nacemento de fillos que deban permanecer hospitalizados.
Por nacemento de fillos prematuros ou que por calquera outra
causa deban permanecer hospitalizados a continuación do parto, a funcionaria
ou o funcionario docente terá dereito a ausentarse do traballo durante
un máximo de dúas horas diarias percibindo as retribucións
íntegras.
A duración diaria da ausencia será fixada pola dirección
do centro en función das circunstancias que concorran na persoa solicitante.
No caso de conflito entre os dereitos do alumnado e do profesorado, a ausencia
ao traballo terase que gozar no horario complementario fixo ou de cómputo
mensual.
CONCÉDEO : a dirección.
DOCUMENTACIÓN ESIXIDA: