Sétimo.- Permiso de unha hora de ausencia ao traballo por ter un fillo ou filla menor de doce meses.

Este permiso rexerase pola Orde do 29 de marzo de 2006 pola que se regulan as vacacións e o gozo da hora de ausencia ao traballo para as funcionarias e funcionarios docentes que impartan ensinanzas distintas das universitarias e que teñen un fillo menor de nove meses, quedando ampliados estes nove meses a doce.

Na disposición adicional engádese unha modificación desta orde:

1.- O apartado 4 do artigo primeiro da Orde do 29 de marzo de 2006 queda redactado do seguinte xeito:
“Estas catro semanas de permiso retribuído por acumulación da hora de ausencia ao traballo gozaranse de forma ininterrompida inmediatamente despois de rematada a licenza por parto ou nun momento posterior e sempre con anterioridade a que o fillo ou filla cumpra os doce meses.
O pai, funcionario docente, poderá gozar deste permiso, por opción da nai, cando esta sexa funcionaria, traballadora por conta allea ou traballadora autónoma.”

CONCÉDEO : o titular da Delegación provincial.

DOCUMENTACIÓN ESIXIDA: