Sexto.- Permiso para concorrer a exames finais e demais probas definitivas de aptitude.
Para concorrer a exames finais e demais probas definitivas
de aptitude, as funcionarias e funcionarios docentes gozarán de permiso
durante os días da súa celebración.
Igual dereito asistirá para concorrer a probas selectivas para ingreso
e acceso á función pública.
No termo “exames finais” están incluídos tamén
os parciais que sexan liberatorios dunha parte do programa.
Os exames finais ou probas de aptitude deberán estar convocados por centros
oficiais.
O permiso abranguerá todo o día no se que se celebren as probas.
Cando a interesada ou interesado tivese que desprazarse o permiso ampliarase,
se fose necesario, no tempo mínimo necesario para as viaxes de ida e
volta.
Cando o exame ou proba de aptitude se celebre en día non lectivo non
procede a concesión do permiso, agás naqueles supostos nos que
fose necesario efectuar desprazamento en período lectivo.
CONCÉDEO : a dirección do centro
DOCUMENTACIÓN ESIXIDA: