Terceiro.- Permiso por falecemento, accidente ou enfermidade grave dun familiar.
a) Polo falecemento, accidente ou enfermidade grave dun familiar
dentro do primeiro grao de consanguinidade ou afinidade, tres días hábiles
cando o suceso
se produza na mesma localidade e cinco días hábiles cando sexa
en distinta localidade.
b) Cando se trate do falecemento, accidente ou enfermidade grave dun familiar
dentro do segundo grao de consanguinidade ou afinidade, o permiso será
de dous días hábiles cando se produza na mesma localidade e de
catro días hábiles cando sexa en distinta localidade.
Enténdese que hai enfermidade grave cando medie hospitalización
ou intervención quirúrxica maior ou cando así o determine
a inspección médica educativa.
Os supostos de falecemento, accidente ou enfermidade grave de máis dun
familiar que teñan lugar o mesmo día non suporán a duplicidade
dos días de permiso.
Estes días gozaranse con carácter ininterrompido computándose
o día do falecemento, accidente ou enfermidade cando o funcionario ou
funcionaria non prestase servizos ese día.
Excepcionalmente, no caso de accidente ou enfermidade grave, cando circunstancias
de organización familiar para atender á persoa enferma así
o aconsellen, poderán gozarse
os días de forma interrompida, dentro do prazo dos quince días
naturais inmediatamente seguintes ao acontecemento que orixina o dereito ao
permiso.
En todo caso, computanse como días hábiles os sábados e
os demais días non lectivos que non coincidan con domingo ou día
festivo.
Para os efectos de determinar a duración do permiso terase en conta a
localidade de residencia que o funcionario ou funcionaria teña comunicado
previamente ao centro educativo ou, no seu defecto, á administración
educativa.
CONCÉDEO : a dirección.
DOCUMENTACIÓN ESIXIDA: As direccións dos centros educativos determinarán os documentos xustificativos necesarios.