Vixésimo sétimo.- Imprevistos.
No caso de imprevistos, indisposicións ou enfermidades leves non superiores a tres días, a dirección do centro poderá aceptar as xustificacións non documentais do persoal funcionario docente ata un máximo de vinte e catro períodos lectivos durante o curso escolar. Cando se superen estes períodos lectivos ou se rexeite a xustificación pola dirección do centro, as faltas deberán xustificarse sempre documentalmente.
As ausencias por indisposicións ou enfermidades leves
non superiores a tres días cando se aporte a pertinente xustificación
documental, xustificaranse polo art. 12 (permisos para revisións médicas)
CONCÉDEO : a dirección.