Vixésimo quinto.- Redución de xornada por coidado dun familiar.
Por ser preciso atender o coidado dun familiar de primeiro
grao, o persoal funcionario docente terá dereito a solicitar unha redución
de ata o 50% da xornada laboral, con carácter retribuído, por
razóns de enfermidade moi grave e polo prazo máximo dun mes, prorrogable
en circunstancias excepcionais e atendendo á extrema gravidade da enfermidade
padecida, ata un período máximo de dous meses.
Se houbese máis dun titular deste dereito polo mesmo feito causante,
o tempo de gozo desta redución poderase ratear entre eles, respectando,
en todo caso, o prazo máximo dun mes ou, se é o caso, de dous
meses.
Excepcionalmente, poderá gozar desta redución un familiar en segundo
grao cando non existan superviventes de primeiro grao ou estean incapacitados
para atender ao seu coidado.
Esta redución será concedida, previo informe da inspección
médica educativa, e conforme a guía de boa praxis que aprobará
a Secretaría Xeral.
Poderá solicitarse con anterioridade á resolución, informe
da comisión autonómica de inspectores médicos de educación.
A duración da redución non poderá ser inferior a sete días.
A mesma poderá ser prorrogada, previa petición do persoal interesado
e informe da inspección médica educativa, sen que a súa
duración acumulada poida exceder do prazo máximo dun mes ou, se
é o caso, de dous meses.
A redución de xornada finalizará se variaran as circunstancias
que deron lugar á súa concesión. Se a súa finalización
implicase o inicio do gozo do permiso por falecemento, a substituta ou substituto
continuará prestando servizos ata o remate deste último.
CONCÉDEO : titular da Delegación Provincial
DOCUMENTACIÓN ESIXIDA: