Vixésimo cuarto.- Redución de xornada por garda legal.
Por razóns de garda legal, cando o persoal funcionario
docente teña o coidado directo dalgún menor de doce anos, de persoa
maior que requira especial dedicación ou dunha persoa con discapacidade
que non desempeñe actividade retribuída terá dereito a
unha redución dun terzo ou dun medio da xornada de traballo, coa diminución
proporcional das súas retribucións.
Terá o mesmo dereito o persoal funcionario que precise encargarse do
coidado directo dun familiar ata o segundo grao de consanguinidade ou afinidade
que, por razóns de idade, accidente ou enfermidade, non se poida valer
por si mesmo e que non desempeñe actividade retribuída.
A concesión da redución de xornada por razón de garda legal
será incompatible coa realización de calquera outra actividade,
sexa ou non remunerada, durante o horario que foi obxecto da redución.
A percepción dunha pensión por un diminuído físico
ou psíquico non é equiparable ao desempeño de actividade
retribuída.
Esta redución de xornada poderá acumularse co permiso por lactancia
dun fillo menor de doce meses.
A redución de xornada abranguerá na proporción que se conceda
ao horario lectivo, horario complementario fixo e horario semanal de permancia
no centro.
A concesión da redución de xornada, en función da organización
do centro, poderá eximir da obrigatoriedade de impartir docencia durante
todos os días da semana.
CONCÉDEO : titular da Delegación Provincial
DOCUMENTACIÓN ESIXIDA: