Vixésimo primeiro.- Licenza por asuntos propios.
Por asuntos propios poderán concederse, ao persoal
funcionario de carreira e interino, licenzas sen retribución dunha duración
acumulada que non poderá exceder de tres meses cada dous anos. A concesión
desta licenza subordinarase, en todo caso, ás necesidades do servizo
e, con carácter xeral, non terá unha duración inferior
a cinco días.
O cómputo dos dous anos iniciarase o mesmo día no que comece o
gozo da licenza. Os días de concesión da licenza serán
naturais.
CONCÉDEO : titular da Delegación Provincial
DOCUMENTACIÓN ESIXIDA: ningunha