Décimo sexto.- Permiso por adopción ou acollemento, tanto preadoptivo coma permanente ou simple.

O permiso por adopción ou acollemento, tanto preadoptivo coma permanente ou simple terá unha duración de dezaseis semanas ininterrompidas. Este permiso ampliarase en dúas semanas máis no suposto de discapacidade do menor adoptado ou acollido e por cada fillo, a partir do segundo, nos supostos de adopción ou acollemento múltiple.
O cómputo do prazo contarase a elección do funcionario, a partir da decisión administrativa ou xudicial do acollemento ou a partir da resolución xudicial pola que se constitúa a adopción, sen que un mesmo menor poida dar, en ningún caso, dereito a varios períodos de gozo deste permiso.
No caso de que ambos os proxenitores traballen, o permiso distribuirase a opción dos interesados, que poderán gozalo de forma simultánea ou sucesiva, sempre en períodos ininterrompidos.
Nos casos de gozo simultáneo de períodos de descanso, a suma destes non poderá exceder das dezaseis semanas ou das que correspondan en caso de adopción ou acollemento múltiple e de discapacidade do menor adoptado ou acollido.
Este permiso poderá gozarse a tempo completo ou a tempo parcial, en réxime de media ou un tercio da xornada.
Cando o permiso se goce a tempo parcial, a duración do mesmo ampliarase proporcionalmente en función da xornada de traballo que se realice.
O gozo do permiso a tempo parcial poderá solicitarse tanto ao inicio do mesmo
como nun momento posterior, podendo estenderse a todo o período da súa duración ou a unha parte.
Cando gocen do permiso os dous cónxuxes poderán facelo ambos os dous ou un só deles a tempo parcial, con independencia de que o gozo sexa en aproveitamento simultáneo ou sucesivo.
Se fose necesario o desprazamento previo dos proxenitores ao país de orixe do adoptado ou acollido, nos casos de adopción ou acollemento internacional, terase dereito, ademais, a un permiso de ata tres meses de duración, e durante este período percibiranse exclusivamente as retribucións básicas, podendo gozarse de forma fraccionada, sempre que non se superen os tres meses.
Con independencia do permiso de ata tres meses previsto no parágrafo anterior e para o suposto previsto no devandito parágrafo, o permiso por adopción ou acollemento, tanto preadoptivo coma permanente ou simple, poderase iniciar ata catro semanas antes
da resolución xudicial pola que se constitúa a adopción ou a decisión administrativa ou xudicial do acollemento.
Durante o gozo deste permiso poderase participar nos cursos de formación que convoque a administración.
Os supostos de adopción ou acollemento, tanto preadoptivo coma permanente ou simple, previstos neste artigo serán os que así se establezan na normativa aplicable na Comunidade Autónoma de Galicia, e o acollemento simple deberá ter unha duración non inferior a un ano.

CONCÉDEO : titular da Delegación Provincial

DOCUMENTACIÓN ESIXIDA: