Décimo quinto.- Permiso por parto.

O permiso por parto terá unha duración de dezaseis semanas ininterrompidas. Este permiso ampliarase en dúas semanas máis no suposto de discapacidade do fillo ou filla, e por cada fillo ou filla a partir do segundo, nos supostos de parto múltiple. O permiso distribuirase a opción da funcionaria sempre que seis semanas sexan inmediatamente posteriores ao parto. No caso do falecemento da nai, o outro proxenitor poderá facer uso da totalidade ou, se é o caso, da parte que reste do permiso.
Malia o anterior, e sen prexuízo das seis semanas inmediatas posteriores ao parto de descanso obrigatorio para a nai, no caso de que ambos os proxenitores traballen, a nai, ao iniciarse o período de descanso por maternidade, poderá optar por que o outro proxenitor goce dunha parte determinada e ininterrompida do período de descanso posterior ao parto, ben de forma simultánea ou sucesiva coa nai. O outro proxenitor poderá seguir gozando do permiso de maternidade inicialmente cedido, aínda que no momento previsto para a reincorporación da nai ao traballo esta se atope en situación de incapacidade temporal.
A opción exercitada pola nai poderá ser revogada pola mesma se sobreviñesen feitos que fagan inviable a aplicación da mesma, tales como ausencia, enfermidade ou accidente do pai, abandono de familia, separación ou outras análogas.
Nos casos de gozo simultáneo de períodos de descanso, a suma destes no poderá exceder das dezaseis semanas ou das que correspondan en caso de discapacidade do fillo ou filla ou de parto múltiple.
Este permiso poderá gozarse a tempo completo ou a tempo parcial, en réxime de media ou un tercio da xornada.
Cando o permiso se goce a tempo parcial, a duración do mesmo ampliarase proporcionalmente en función da xornada de traballo que se realice.
O goce do permiso a tempo parcial poderá solicitarse tanto ao inicio do mesmo como nun momento posterior, podendo estenderse a todo o período da súa duración ou a unha parte.
Cando gocen do permiso o pai e a nai poderán facelo ambos os dous ou un só deles a tempo parcial, con independencia de que o gozo sexa en aproveitamento simultáneo ou sucesivo.
Durante o gozo deste permiso poderase participar nos cursos de formación que convoque a administración.
Nos casos de parto prematuro e naqueles nos que, por calquera outra causa, o neonato deba permanecer hospitalizado a continuación do parto, este permiso ampliarase en tantos días como o neonato se encontre hospitalizado, cun máximo de trece semanas.

CONCÉDEO : titular da Delegación Provincial

DOCUMENTACIÓN ESIXIDA: