Décimo terceiro.- Permiso por deber inexcusable de carácter público ou persoal.
Poderase conceder permiso polo tempo indispensable para o cumprimento dun deber
inescusable de carácter público ou persoal e por deberes relacionados
coa conciliación da vida familiar e laboral.
O deber inexcusable debe ser personalísimo, é dicir, sen posibilidade
de execución por medio de representante ou substituto.
En todo caso, entenderase por deber de carácter público ou persoal:
- Citacións de xulgados, tribunais de xustiza, comisarías ou calquera
outro organismo oficial.
- Asistencia ás reunións dos órganos de goberno e comisións
dependentes dos mesmos cando deriven estrictamente do desempeño de cargos
electivos.
- A realización de visitas dentro dos programas europeos.
- A asistencia as reunións das comisións das probas de acceso
á universidade.
- A asistencia a reunións cando se sexa convocado ou convocada pola Consellería
de Educación e Ordenación Universitaria ou polas súas Delegacións
Provinciais.
- Asistencia como presidentas ou presidentes ou vocais ás sesións
de un tribunal de selección ou provisión, con nomeamento da autoridade
competente.
- O cumprimento de obrigas que xeran ao interesado unha responsabilidade de
orde civil, penal, social ou administrativa.
CONCÉDEO : a dirección do centro.
DOCUMENTACIÓN ESIXIDA:
Dependendo do motivo que de dereito ao permiso, deberase presentar un dos seguinte documentos: