Décimo segundo.- Permiso para ás revisións médicas.

O persoal funcionario docente terá dereito a ausentarse para realizarse revisións médicas, para acompañar ás revisións médicas as fillas e os fillos, ao seu cónxuxe ou parella en análoga relación de afectividade e as persoas maiores ao seu cargo polo tempo necesario, con aviso previo e xustificación da necesidade de realización dentro da xornada de traballo.
No caso de solicitar o permiso para acompañar nas revisións médicas aos fillos e fillas maiores de idade, ao cónxuxe , parella en análoga relación de afectividade ou a persoas maiores deberá acreditarse que esas persoas están ao seu cargo e as limitacións físicas ou psíquicas que lle impidan asistir sós, agás cando se trate de probas diagnósticas dun nivel de dificultade importante ou así sexa aconsellable en función do posible diagnóstico que se vaia emitir.
Cando, con carácter excepcional, este permiso se vaia a gozar cunha certa periodicidade, o persoal funcionario docente presentará unha única solicitude con todos os días que presuntamente vai a necesitar, acompañada dos documentos xustificativos pertinentes. Os centros educativos, coa finalidade de evitar a colisión de dereitos do profesorado co do alumnado á educación, adoptarán as medidas oportunas para a adecuada atención do alumnado que en casos excepcionais poderá implicar, previo informe da inspección educativa, o nomeamento de persoal docente substituto.
Quedarán xustificadas por este apartado as ausencias por indisposicións ou enfermidades leves non superiores a tres días cando se aporte a pertinente xustificación documental.

CONCÉDEO : dirección do centro. No caso de que o permiso teña unha certa periocidade, a/o titular da Delegación Provincial.

DOCUMENTACIÓN ESIXIDA: