Inicio STEG
SINDICATO DE TRABALLADORAS E TRABALLADORES DO ENSINO DE GALIZA
   Inicio
CONVOCATORIAS ANUAIS

Para o profesorado

Postos a cubrir por concurso de méritos.
Actividades de formacion de Inglés, Frances e Artes Plásticas.
Comisións de servizo.
Educación no exterior.
Asesores, docentes, intercambio posto a posto...
Fondo de Acción Social.
Licenzas por estudos.
Permutas provisionais.
Reintegro gastos por formación.
Selección de directores/as.
Axudas accidentes de tráfico

Para os centros

Escolas viaxeiras.
Premios á innovación educativa sobre temas transversais.
Premios á tolerancia
Premios da Federación de libreiros.
Premios SIEGA.
Rutas literarias.

Para o alumnado

Aulas de Natureza.
Prazas residencias nos CDR.

FONDO DE ACCIÓN SOCIAL

Convocatoria 2007 - Procedemento e prazos (DOG, 19/5/08) Modificación (DOG, 19/5/08) Amplía o prazo ata o 10 de xuño

Axuda por adquisición de vivenda - A Dirección Xeral da Función Pública danos a razón. Será suficiente cunha certificación de MUFACE de non ser beneficiarios da axuda por adquisición de vivenda no exercicio económico 2007.

O STEG denuncia que a actual convocatoria imposibilita que moitos docentes poidan solicitar a axuda por vivenda

Características da convocatoria

Prazo de presentación
Do 22 de maio de 2008 ata o 6 de xuño.
As instancias cubriranse vía web. Enlace para cumplimentar a solicitude.

TIPO DE AXUDAS:
Á xubilación.
Beneficiarios: quen se xubilase ou quedase en situación de invalidez permanente no ano 2007.
Requisitos: ter presentado a solicitude de subsidio de xubilación a Muface.
Documentación: non é necesaria, a concesión faina de oficio a Administración.

Para a atención a discapacitados.
Requisitos: ter baixo a súa dependencia directa e vivindo a súas expensas familiares en 1º grao discapacitados físicos, psíquicos ou sensoriais.
Documentación:
·Para os fillos causantes: instancia oficial, copia da cualificación oficial de discapacidade, copia de todas as follas do libro de familia, si está en idade laboral certificado da vida laboral desde o 1 do xaneiro do ano anterior.
·Para ascendentes, consortes ou tutelados: instancia oficial, copia da cualificación oficial de minusvalidez, copia do DNI do discapacitado, copia do certificado de convivencia, copia da fe de vida, vida laboral do discapacitado, certificado de pensións do INSS do diminuído, xustificación do parentesco,.

Por fillos menores.
Beneficiarios: quen teña fillos que non acaden a idade de escolaridade obrigatoria (menores de 6 anos).
Documentación: instancia oficial e copia da totalidade das follas do libro de familia agás os causantes oprobados no 2006.

Para estudos por fillos.
Beneficiarios: quen teña fillos cursando estudos de primaria, ESO, bacharelato, FP, universitarios (excluídos os que teñan matricula subvencionada) ou outros de caracter oficial.
Documentación: : instancia oficial, copia da totalidade das follas do libro de familia agás os causantes oprobados no 2006, copia da matrícula.

Para estudos do traballador/a.
Beneficiarios: quen este cursando estudos que dean lugar a obtención dun título oficial.
Documentación: instancia oficial, copia cotexada da matrícula e de ser o caso documentación acreditativa de ter aboado a matrícula.

Por adquisición de vivenda.
Beneficiarios: quen adquira a súa primeira única vivenda no ano 2007. Esta axuda é por unha única vez. O profesorado interino e o persoal laboral non fixo, non ten dereito a esta axuda.
Documentación: instancia oficial, copia notarial do acto de da formalización da compravenda ou certificado final da obra visado polos colexios oficiais de aparelladores e arquitectos (no caso de construción propia), copia DNI, copia da cartilla de afiliación á SS, Muface..., copia do acto, simple ou xa rexistrado no Rexistro da Propiedade, da formalización da compravenda, declaración do solicitante de non ter recibido axudade igual natureza.
Requisitos: ter solicitado a Muface a axuda por compra de vivenda.

Gastos sanitarios do traballador
Axuda compensatoria polo conxunto de gastos xerados por tratamentos e próteses buco-dentais e/ou adquisición de próteses audiovisuais que cumpran
as condicións que se indican deseguido:
-Que o gasto corresponda exclusivamente a tratamentos e próteses que teñan por destinatario o persoal incluído no ámbito de aplicación da axuda.
-Que o tratamento e/ou próteses fose recibido e/ou adquirido e aboado durante o ano 2007.
-Que o importe do gasto no seu conxunto sexa igual ou superior a 200 €.
O importe máximo que se percibirá por esta axuda polo conxunto dos tratamentos e/ou próteses será de 105€
Documentación: fotocopias compulsadas das facturas orixinais.