| Novidades máis importantes
-
Creación
dos Centros Integrados de Formación Profesional, onde se impartirán
ensinanzas conducentes a obtención de Títulos Profesionais e Certificados
de Profesionalidade. Dentro distes crearase unha “Rede Nacional
de Centros de referencia”, con implantación en tódalas Comunidades
Autónomas, coa finalidade de desenrolar accións formativas experimentais
e de innovación dirixidas a estudiantes, traballadores ocupados,desempregados,
empresarios e formadores.
-
Os directores
dos Centros Integrados de FP serán nomeados pola “Administración competente”,
entre funcionarios públicos docentes, mediante un procedemento de
libre designación conforme a principios de mérito e capacidade.
-
Creación
do “Sistema Nacional de Formación Profesional y Cualificaciones” que
se encargará de promover
e desenrolar a integración da oferta de FP a través das cualificacións
profesionais así coma a avaliación e acreditación das competencias
profesionais. Vixiará ademais que a formación e as Cualificacións
se adecúen os criterios comunitarios europeos.
-
A colaboración
das empresas no “Sistema Nacional de Formación Profesional y Cualificaciones”
contempla a incorporación
de profesionais do sector privado ao sistema formativo público
- Os
profesores de FP actuais poderán impartir docencia nas diferentes formacións
profesionais
Formación Profesional |