| 20 razóns para rexeitala
- Elaborouse
sen un debate público e aberto sobre a Formación Profesional, sen que
se avaliara o II Programa Nacional da F.P. en vigor, coa complicidade
silenciosa das organizacións patronais e os grandes sindicatos.
- Menoscaba
as competencias na materia das CC.AA.
- Ignora deliberadamente
os aspectos de financiamento da F.P. pública.
- Permite que
as necesidades máis inmediatas das empresas sexan determinantes no deseño
da formación, independentemente dos intereses formativos do alumnado:
formación lixo para traballo precario.
- Acelera a
privatización da Formación Profesional pública, permitindo que centros
privados e cuase-privados se incorporen plenamente ao sistema educativo,
coa posibilidade de ser subvencionados directamente pola Administración
e coa capacidade de expedir títulos de validez académica e laboral.
- Facilita a
incorporación da formación ao negocio das empresas.
- Segrega e
desertiza a F.P. inicial/regrada, subordinándoa aos intereses do empresariado
e eliminando a súa actual función educativa.
- Converte a
F.P. nun inmenso negocio, en boa parte con cargo a fondos públicos,
no que calquera poderá impartir, avaliar e acreditar titulacións, en
réxime de libre mercado.
- Legaliza
o actual filón de patronais e sindicatos coa Formación Continua e Ocupacional,
entregándolles, ademais, o control dos actuais centros públicos, a través
do sistema de centros integrados.
- Discrimina
á cidadanía no acceso á formación, ao diversificar a natureza dos centros
de F.P., que competirán en desiguais condicións en canto a medios e
oferta formativa.
- Desvaloriza
o poder contractual das actuais Titulacións Profesionais, mediante a
desregulación do sistema de avaliación, acreditación e expedición de
títulos, a través da acreditación modular.
- Permite
a explotación laboral do alumnado en prácticas, ao non regularse a súa
situación nin recoñecerse o carácter laboral das mesmas.
- Fai desaparecer
a estabilidade laboral do actual profesorado de F.P., obrigado a unha
competencia desigual cos formadores privados, incluso no seu propio
centro.
- Prioriza en
recursos ás familias profesionais e ciclos formativos que sexan “rendibles”
para a empresa privada. ¿Que pasará co resto?
- Elimina o
papel vertebrador do ensinante da F.P. pública, anegado nun mar de cursos,
formadores e empresas… privados.
- Obriga ao
profesorado da F.P. pública, de igual xeito que aos aspirantes, a entrar
ou manterse no mercado laboral, a unha reciclaxe continua á súa costa
e fóra do horario laboral, para tratar de seguir a cambiante demanda
empresarial.
- Dificulta
o acceso do alumnado dos centros públicos ás prácticas en empresas pois
estas preocuparanse fundamentalmente do seu propio alumnado.
- Tras a ilusionante
posibilidade de impartir cursos de formación privados, ocúltase a crúa
realidade da desaparición de sectores enteiros da actual F.P. regrada.
- Xerarquiza,
aínda máis, a dirección dos centros, modificando os actuais órganos
colexiados (claustro e consello escolar) e nomeando
“a dedo” os seus directores.
- Constitúe
un modelo educativo plenamente mercantilizado, susceptible de extensión
ao resto do sistema educativo
Formación Profesional |