|
 
|
Reseñas
DOG |
SINDICATO
DE TRABALLADORES E TRABALLADORAS DO ENSINO DE GALICIA |
OUTUBRO 2001
|
*Os días que non teñen enlace, é que non saiu nada
sobre ensino
|
mércores, 31 de outubro de 2001
- Orde do 9 de outubro de 2001 pola que se resolve a convocatoria da Orde do
22 de marzo de 2001 (Diario Oficial de Galicia do 9 de abril) e se fai pública
a concesión de bolsas destinadas ós galegos e ós seus descendentes que
residan en Iberoamérica e se incorporen ó sistema universitario de Galicia
no curso académico 2001-2002.
- Orde do 9 de outubro de 2001 pola que se resolve a convocatoria da
Orde do 3 de maio de 2001 (Diario Oficial de Galicia do 16 de maio) e se fai
pública a concesión de axudas para a mobilidade de estudiantes das
universidades do sistema universitario de Galicia, adheridas ó programa
SICUE, no curso académico 2001-2002

martes, 30 de outubro de 2001
- Orde do 8 de outubro de 2001 pola que se resolve a convocatoria da Orde do
3 de maio de 2001 (Diario Oficial de Galicia do 16 de maio), pola que se fai
pública a concesión de bolsas de colaboración nos departamentos das
universidades do sistema universitario de Galicia no curso académico
2001-2002.
- Orde do 8 de outubro de 2001 pola que se resolve a convocatoria da Orde do
16 de abril de 2001 (Diario Oficial de Galicia do 27 de abril), pola que se
fai pública a concesión de bolsas para os alumnos galegos ou residentes en
Galicia que realizan os seus estudios fóra do sistema universitario de
Galicia no curso académico 2001-2002, como consecuencia da implantación do
distrito aberto

luns, 29 de outubro de 2001
- Orde do 15 de outubro de 2001 pola que se declara de interese galego a
Fundación Preescolar na Casa e se inscribe no Rexistro Auxiliar de Fundacións
deste protectorado
venres, 26 de outubro de 2001
- Corrección de erros.-Orde do 16 de xullo de 2001 pola que se autoriza a
apertura e funcionamento do centro privado Aprevar de Lugo, para imparti-lo
ciclo formativo de grao medio de carrocería.
- Orde do 24 de setembro de 2001 pola que se autoriza a apertura e
funcionamento do centro privado O Raio Verde de Santiago de Compostela (A
Coruña), para imparti-lo ciclo formativo de grao superior de producción de
audiovisuais, radio e espectáculos

xoves, 25 de outubro de 2001
- Orde do 25 de setembro de 2001 pola que se resolve definitivamente a
convocatoria de licencias por estudios para o curso 2001-2002 destinadas a
funcionarios docentes non universitarios
- Resolución do 11 de setembro de 2001, da Secretaría Xeral da Consellería
de Educación e Ordenación Universitaria, pola que se fai pública a
adxudicación da contratación de comedores escolares para o curso
2001/2002.
mércores, 24 de outubro de 2001
- Corrección de erros.-Orde do 8 de outubro de 2001 pola que se aproban as
bases que rexerán o concurso público de doce bolsas de colaboración en
proxectos de investigación que se están a desenvolver no Centro Ramón Piñeiro
para a Investigación en Humanidades e pola que se anuncia a súa
convocatoria.
- Orde do 9 de outubro de 2001 pola que se resolve a convocatoria de
axudas económicas para a realización de actividades de formación
dirixidas ó profesorado de niveis non universitarios da Comunidade Autónoma
de Galicia durante o ano 2001 e organizadas polos movementos de renovación
pedagóxica e as asociacións e fundacións con fins pedagóxicos.
- Resolución do 28 de setembro de 2001, da Dirección Xeral de Centros e
Inspección Educativa, pola que se modifica a autorización dos programas de
garantía social en centros públicos para o curso 2001-2002.

martes, 23 de outubro de 2001
- Resolución do 18 de setembro de 2001, da Dirección Xeral de Centros e
Inspección Educativa, pola que se autorizan os programas de garantía
social en centros privados e institucións sen ánimo de lucro, que figuran
nos anexos I e II, respectivamente, para o curso 2001-2002.
venres, 19 de outubro de 2001
- Orde do 8 de outubro de 2001 pola que se aproban as bases que rexerán o
concurso público de doce bolsas de colaboración en proxectos de
investigación que se están a desenvolver no Centro Ramón Piñeiro para a
Investigación en Humanidades e pola que se anuncia a súa convocatoria.
martes, 16 de outubro de 2001
- Decreto 263/2001, do 27 de setembro, polo que se crea a Facultade de
Ciencias da Educación no Campus de Ourense da Universidade de Vigo.

xoves, 11 de outubro de 2001
- Orde do 10 de outubro de 2001 pola que se dictan normas para garanti-los
servicios esenciais durante a folga convocada polo Sindicato Interino do
Ensino Galego para o día 15 de outubro de 2001 para todo o profesorado que
preste os seus servicios no ámbito dos centros públicos de ensino da
Comunidade Autónoma de Galicia dependentes da Consellería de Educación e
Ordenación Universitaria.
- Anuncio do 3 de outubro de 2001, da Dirección Xeral de Persoal, pola que
se comunica a apertura dun prazo para solicitar prazas de interinidades e
substitucións para impartir como profesor de música e artes escénicas na
especialidade de canto.
mércores, 10 de outubro de 2001
- Orde do 4 de setembro de 2001 pola que se autoriza o cambio de denominación
do Instituto de Educación Secundaria número 1 da Coruña.
- Orde do 5 de setembro de 2001 pola que se autoriza o cambio de denominación
do Instituto de Educación Secundaria número 1 de Marín (Pontevedra).

luns, 8 de outubro de 2001
- Orde do 14 setembro de 2001 pola que se nomean funcionarios en prácticas
do corpo de mestres os opositores seleccionados no procedemento selectivo
convocado pola Orde do 8 de marzo de 2001 (Diario Oficial de Galicia do 12
de marzo) e están ocupando vacantes dotadas orzamentariamente.

venres,5 de outubro de 2001
-
Orde do 20 de setembro de 2001 pola que se lle autoriza a ampliación dunha
unidade do segundo ciclo de educación infantil ó centro privado Divina
Pastora de Lugo.
xoves, 4 de outubro de 2001
- Decreto 244/2001, do 20 de setembro, polo que se autoriza o cambio de
denominación da entidade promotora Escola de Negocios Caixavigo, que pasa a
denominarse Escola de Negocios Caixanova.
- Decreto 245/2001, do 20 de setembro, polo que se autoriza o cambio de
denominación da Facultade de Ciencias da Información por Facultade de
Ciencias da Comunicación na Universidade de Santiago de Compostela.

luns, 1 de outubro de 2001
- Orde do 1 de agosto de 2001 pola que se autoriza a apertura e posta en
funcionamento do centro autorizado de música elemental Alca, de Ames, para
impartir, con carácter definitivo, as ensinanzas do grao elemental de música.
- Orde do 20 de agosto de 2001 pola que se conceden axudas a alumnos e
profesores de centros docentes da Comunidade Autónoma de Galicia sostidos
con fondos públicos, que participen en estadías e intercambios con centros
educativos doutros países para favorece-la aprendizaxe activa de linguas.
