Inicio STEG
SINDICATO DE TRABALLADORAS E TRABALLADORES DO ENSINO DE GALIZA
   Inicio

Concurso de traslados
Ed. secundaria
Infantil - Primaria
F.P.
Lexislación
Oposicións
Permutas
Prensa
Profesorado interino
Reseñas DOG
Retribucións
STEG Opina
Xubilacións

XANEIRO 2008

Luns Mar Mer Xov Ven Sab Dom
  1 2 3 4 5 6
7 8 9 10 11 12 13
14 15 16 17 18 19 20
21 22 23 24 25 26 27
28 29 30 31      
Todos os arquivos desta páxina están en formato pdf

mércores, 30 de xaneiro de 2008

  • Concurso traslados 06/07 secundaria - Anuncio do 24 de xaneiro de 2008, da Secretaría Xeral da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, pola que se lle dá publicidade á modificación de destino definitivo de funcionarios do corpo de profesores de ensino secundario.
  • Concurso traslados 06/07 primaria - Anuncio do 24 de xaneiro de 2008, da Secretaría Xeral da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, pola que se lle dá publicidade á modificación de destino definitivo de funcionarios do corpo de mestres.

luns, 28 de xaneiro de 2008

  • Centros integrados - Decreto 266/2007, do 28 de decembro, polo que se regulan os centros integrados de formación profesional na Comunidade Autónoma de Galicia.
  • Premios extraordinarios BAC - Corrección de erros.-Orde do 14 de novembro de 2007 pola que se publica a concesión dos premios extraordinarios de bacharelato correspondentes ao curso 2006-2007, convocados pola Orde do 29 de maio de 2007.

venres, 25 de xaneiro de 2008

  • Axudas alfabetización adultos - Orde do 18 de xaneiro de 2008 pola que se establecen axudas para a realización de actividades de alfabetización e formación de adultos na Comunidade Autónoma de Galicia durante o ano 2008.

martes, 22 de xaneiro de 2008

  • Concurso traslados - Resolución do 15 de xaneiro de 2008, da Secretaría Xeral da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, pola que se anuncia a data do sorteo para determinar a composición das comisións que deberán valorar os méritos presentados polos participantes nos concursos xerais de traslados.

luns, 21 de xaneiro de 2008

  • FP Axudas alumnado - Orde do 7 de xaneiro de 2008 pola que se resolve a convocatoria da do 17 de outubro, pola que se convocan axudas económicas para o alumnado que realiza formación práctica en centros de traballo correspondentes aos estudos de ciclos formativos de grao medio e superior de formación profesional, módulos profesionais experimentais e artes plásticas e deseño.

xoves, 17 de xaneiro de 2008

  • Lingua estranxeira. Axudas alumnado - Orde do 10 de xaneiro de 2008 pola que se convocan axudas en réxime de concorrencia competitiva dirixidas ao alumnado de centros sostidos con fondos públicos para realizar actividades de inmersión lingüística no verán de 2008.

mércores, 16 de xaneiro de 2008

  • FP Tribunal acceso ciclos - Resolución do 9 de xaneiro de 2008, da Dirección Xeral de Formación Profesional e Ensinanzas Especiais, pola que se nomea e se fai pública a composición do tribunal que deberá xulgar as probas de acceso aos ciclos formativos de grao medio e superior de formación profesional específica para o curso 2008-2009.
  • Interinidades - Anuncio do 9 de xaneiro de 2008, da Secretaría Xeral da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, pola que se comunica a apertura dun prazo para solicitar prazas de interinidades e substitucións no corpo de profesores de ensino secundario especialidade de francés e profesores de música e artes escénicas especialidades de trompa e gaita galega.

venres, 11 de xaneiro de 2008

  • Premios carteis consumo - Resolución conxunta do 21 de decembro de 2007, do Instituto Galego de Consumo e da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, pola que se publica a concesión de premios aos carteis elaborados polas escolas de arte e bacharelatos artísticos que teñan como tema o consumo e as novas tecnoloxías, convocados pola Resolución do 24 de setembro de 2007.
  • Premios proxectos consumo na escola - Resolución conxunta do 21 de decembro de 2007, do Instituto Galego de Consumo e da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, pola que se publica a concesión de premios ás memorias dos proxectos de educación para o consumo na escola, desenvolvidos no marco da rede de educación do consumidor e a selección dos novos proxectos presentados polos centros co fin de incorporarse ou permanecer nesta rede, convocados pola Resolución do 24 de setembro de 2007.

luns, 7 de xaneiro de 2008

  • Avaliación ESO - Orde do 21 de decembro de 2007 pola que se regula a avaliación na educación secundaria obrigatoria na Comunidade Autónoma de Galicia.
  • Premios educación nos valores democráticos a centros - Resolución do 28 de decembro de 2007, da Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa, pola que se conceden os premios a proxectos de innovación educativa en valores democráticos no marco do Plan Valora 2007-2009, convocados ao abeiro da Orde conxunta do 18 de outubro de 2007, da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, da Vicepresidencia da Igualdade e do Benestar, da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Transportes, da Consellería de Innovación e Industria, da Consellería do Medio Rural, da Consellería de Sanidade, da Consellería de Pesca e Asuntos Marítimos e da Consellería de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible.

venres, 4 de xaneiro de 2008

  • FP - Orde do 20 de decembro de 2007 pola que se convocan axudas para alumnos e profesores de formación profesional de centros docentes sostidos con fondos públicos da Comunidade Autónoma de Galicia, que participen en estadías en empresas de ámbito transnacional.
  • Premios educación nos valores democráticos - Orde do 26 de decembro de 2007 pola que se resolve a convocatoria de premios á innovación educativa sobre a educación nos valores democráticos 2007.
  • Interinidades fútbol e fútbol sala - Anuncio do 17 de decembro de 2007, da Secretaría Xeral da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, polo que se comunica a publicación das puntuacións definitivas e a relación de excluídos do baremo aberto polo Anuncio do 11 de outubro de 2007, polo que se comunica a apertura dun prazo para solicitar prazas de interinidades e substitucións como profesores especialistas en ensinanzas deportivas, nas especialidades de fútbol e fútbol sala (Diario Oficial de Galicia do 18 de outubro).

xoves, 3 de xaneiro de 2008

  • Programa de Aprendizaxe Permanente - Orde do 19 de decembro de 2007 pola que se conceden axudas económicas para alumnos e profesores de centros docentes que participen en actividades desenvolvidas ao abeiro de proxectos aprobados no marco da iniciativa comunitaria Programa de Aprendizaxe Permanente 2007-2013, e que se realicen durante o ano 2007.
  • Xubilación anticipada - Orde do 26 de decembro de 2007 pola que se regula a convocatoria para o ano 2008 da xubilación anticipada voluntaria conforme a disposición transitoria segunda da Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación.
  • Ciclos formativos - Resolución do 18 de decembro de 2007, da Dirección Xeral de Formación Profesional e Ensinanzas Especiais, pola que se convocan probas de acceso aos ciclos formativos de grao medio e de grao superior de formación profesional específica en centros docentes sostidos con fondos públicos.