| venres, 30 de maio de 2008
-
Oposicións
secundaria - Resolución do 22 de maio de 2008, da
Secretaría Xeral da Consellería de Educación
e Ordenación Universitaria, pola que se fai pública
a lista provisional de admitidos e excluídos para participar
nos procedementos selectivos de ingreso e acceso ao corpo de
profesores de ensino secundario, profesores de escolas oficiais
de idiomas, profesores de música e artes escénicas
e profesores técnicos de formación profesional
e procedemento de adquisición de novas especialidades
polos funcionarios dos anteditos corpos na Comunidade Autónoma
de Galicia.
- Oposicións
paso A2 a A1 - Resolución do 23 de maio de 2008, da
Secretaría Xeral da Consellería de Educación
e Ordenación Universitaria, pola que se fai pública
a lista provisional de admitidos e excluídos para participar
nos procedementos selectivos de acceso aos corpos de profesores
de ensino secundario para funcionarios e funcionarias dos corpos
e escalas docentes clasificados no subgrupo A2 na Comunidade Autónoma
de Galicia.
mércores, 28 de maio de 2008
-
Oposicións
- Resolución do 21 de maio de 2008, da Secretaría
Xeral da Consellería de Educación e Ordenación
Universitaria, pola que se fan públicas as listas provisorias
de admitidos e excluídos do proceso selectivo para ingreso
no corpo de mestres, así como a adquisición de
novas especialidades.
martes, 27 de maio de 2008
-
Interinidades
- Anuncio do 21 de maio de 2008, da Secretaría Xeral
da Consellería de Educación e Ordenación
Universitaria, polo que se comunica a publicación das
puntuacións provisionais e a relación de excluídos
do baremo aberto polo Anuncio do 11 de marzo de 2008, da Secretaría
Xeral da Consellería de Educación e Ordenación
Universitaria, polo que se comunica a apertura do prazo para
solicitar prazas de interinidades e substitucións para
impartir docencia en diversas especialidades na Escola Superior
de Arte Dramática de Galicia (Diario Oficial de Galicia
do 14 de marzo de 2008).
luns, 26 de maio de 2008
-
Orde do 23 de abril de 2008 pola que se derroga
a disposición transitoria da Orde do 17 de decembro de
2004 pola que se autoriza a apertura e funcionamento das escolas
de educación infantil Castrillón e Os Cativos,
ambas as dúas da Coruña, para impartir as ensinanzas
de educación infantil.
venres, 23 de maio de 2008
-
Concurso
de traslados secundaria - Resolución do 13 de maio
de 2008, da Secretaría Xeral da Consellería de
Educación e Ordenación Universitaria, pola que
se resolve definitivamente o concurso de traslados entre funcionarios
docentes dos corpos de profesores de ensino secundario, profesores
técnicos de formación profesional, profesores
de escolas oficiais de idiomas, catedráticos e profesores
de música e artes escénicas, profesores e mestres
de taller de artes plásticas e deseño.
-
-
Acceso
cátedras - Resolución do 15 de maio de 2008,
da Secretaría Xeral da Consellería de Educación
e Ordenación Universitaria, pola que se fai pública
a lista definitiva de admitidos e excluídos para participar
no procedemento de acceso aos corpos de catedráticos
de ensino secundario, de artes plásticas e deseño
e de escolas oficiais de idiomas.
xoves, 22 de maio de 2008
- Concurso
de traslados inspección - Resolución do 13 de
maio de 2008, da Secretaría Xeral da Consellería
de Educación e Ordenación Universitaria, pola que
se resolve definitivamente o concurso de traslados para a provisión
de prazas vacantes na Inspección Educativa.
-
Axudas
cursos formación - Orde do 13 de maio de 2008 pola
que se convocan axudas económicas para a realización
de actividades de formación dirixidas ao profesorado
de niveis non universitarios da Comunidade Autónoma de
Galicia durante o ano 2008 e organizadas polos movementos de
renovación pedagóxica ou polas asociacións
e fundacións con fins pedagóxicos, legalmente
constituídas, e se aproban as súas bases reguladoras.
mércores, 21 de maio de 2008
-
Permisos
e licenzas - Corrección de erros.-Orde do 7 de abril
de 2008 pola que se regula o réxime de permisos e licenzas
do persoal docente que imparte as ensinanzas reguladas na Lei
orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación.
martes, 20 de maio de 2008
-
Prazas
centros residenciais - Orde do 28 de abril de 2008 pola
que se convocan prazas de residencia nos centros residenciais
docentes da Coruña, Ourense e Vigo para cursar estudos
de ensinanzas postobrigatorias non universitarias e de réxime
especial, no próximo ano académico 2008-2009.
luns, 19 de maio de 2008
- Fondo
de acción social - Resolución do 8 de maio de
2008 pola que se ordena a publicación dos criterios de
repartición do fondo de acción social da Xunta de
Galicia para o exercicio económico do ano 2007. Procedemento
e prazos
- Innovación
educativa - Orde do 8 de maio de 2008 pola que se convocan
premios á innovación educativa para profesorado
e centros públicos de ensino non universitario dependentes
da Consellería de Educación e Ordenación
Universitaria.
-
Concurso
traslados primaria - Resolución do 8 de maio de 2008,
da Secretaría Xeral da Consellería de Educación
e Ordenación Universitaria, pola que se publica a adxudicación
definitiva de destinos do concurso de traslados entre funcionarios
do corpo de mestres, convocado pola Orde do 30 de outubro de
2007 (Diario Oficial de Galicia do 8 de novembro).
venres, 16 de maio de 2008
-
Cátedras
- Resolución do 30 de abril de 2008, da Secretaría
Xeral da Consellería de Educación e Ordenación
Universitaria, pola que se procede a nomear e facer pública
a composición dos tribunais que xulgarán o procedemento
de acceso aos corpos de catedráticos de ensino secundario,
de artes plásticas e deseño e de escolas oficiais
de idiomas convocados pola Orde do 10 de novembro de 2007 (Diario
Oficial de Galicia do 15 de novembro).
xoves, 15 de maio de 2008
-
Libros
de terxto - Orde do 28 de abril de 2008 pola que se convoca
e regula o programa de gratuidade de libros de texto e materiais
curriculares en centros sostidos con fondos públicos
para os niveis obrigatorios e gratuítos para o curso
escolar 2008-2009.
-
Axudas
proxectos TIC - Orde do 5 de maio de 2008 pola que se convocan
axudas para a realización de proxectos de innovación
para un uso educativo das tecnoloxías da información
e a comunicación para o curso 2008-2009 e se aproban
as súas bases de concesión.
martes, 13 de maio de 2008
-
Premios
normalización lingüística - Resolución
conxunta do 7 de maio de 2008, da Dirección Xeral de
Ordenación e Innovación Educativa e da Secretaría
Xeral de Política Lingüística, pola que se
aproban as bases e se convocan premios a proxectos de innovación
en normalización lingüística de centros de
titularidade da Consellería de Educación e Ordenación
Universitaria para desenvolver no curso académico 2008-2009.
- Axudas
ás asociacións e fundacións con fins pedagóxicos
- Orde do 30 de abril de 2008 pola que se convocan axudas económicas
dirixidas ás asociacións e fundacións con
fins pedagóxicos e sen ánimo de lucro, legalmente
constituídas, para a realización de actividades
organizadas co alumnado e coas familias da Comunidade Autónoma
de Galicia durante o ano 2008, e se aproban as súas bases
reguladoras.
- Oposicións
- Resolución do 30 de abril de 2008, da Secretaría
Xeral da Consellería de Educación e Ordenación
Universitaria, pola que se procede a nomear e facer pública
a composición dos tribunais que xulgarán a proba
de acreditación do coñecemento da lingua galega
e o procedemento de acceso aos corpos de catedráticos de
ensino secundario, de artes plásticas e deseño e
de escolas oficiais de idiomas convocados por Orde do 10 de novembro
de 2007 (Diario Oficial de Galicia do 15 de novembro).
luns, 12 de maio de 2008
-
Requisitos
centros técnicos deportivos - Orde do 17 de abril
de 2008 pola que se establecen os requisitos mínimos
dos espazos e instalacións con que deben contar os centros
para impartir ensinanzas de réxime especial de técnicos
deportivos nas especialidades de atletismo, balonmán
e baloncesto na Comunidade Autónoma de Galicia.
-
Axudas
alumnado ciclos - Orde do 30 de abril de 2008 pola que se
convocan axudas económicas para o alumnado que realiza
formación práctica en centros de traballo correspondentes
aos estudos de ciclos formativos de grao medio e superior de
formación profesional, módulos profesionais experimentais,
artes plásticas e deseño e programas de garantía
social.
mércores, 7 de maio de 2008
-
Plan
de mellora de bibliotecas escolares - Orde do 25 de abril
de 2008 pola que se convoca o Plan de mellora de bibliotecas
escolares en centros públicos non-universitarios de titularidade
da Consellería de Educación e Ordenación
Universitaria para o curso 2008-2009.
-
-
Axudas
comedores escolares xestionados polas ANPAs - Resolución
do 29 de abril de 2008, da Secretaría Xeral da Consellería
de Educación e Ordenación Universitaria, pola
que se lles dá publicidade ás axudas concedidas
ao abeiro da Orde do 18 de setembro de 2007, pola que se publican
as bases e se convocan axudas para financiar o mantemento dos
servizos de comedor escolar xestionados polas asociacións
de nais e pais de alumnos/as de centros públicos dependentes
desta consellería para o curso académico 2007-2008.
- Cátedras
- Resolucións polas que se fai pública a data, hora,
lugar e persoas que teñen que facer a proba de galego.
martes, 6 de maio de 2008
- Concurso
traslados primaria - Resolución do 23 de abril de 2008,
da Secretaría Xeral da Consellería de Educación
e Ordenación Universitaria, pola que se anuncian os postos
de traballo vacantes que serán obxecto de provisión
no concurso de traslados entre funcionarios do corpo de mestres,
convocado pola Orde do 30 de outubro de 2007 (Diario Oficial de
Galicia do 8 de novembro).
luns, 5 de maio de 2008
-
Concurso
traslados secundaria - Orde do 23 de abril de 2008 pola
que se fan públicas as vacantes definitivas dos corpos
de profesores que imparten ensino secundario, formación
profesional, ensinanzas artísticas e idiomas para o curso
2008-2009.
venres, 2 de maio de 2008
-
Rutas
científicas - Orde do 21 de abril de 2008 pola que
se convocan axudas para a realización de rutas científicas
durante o ano 2008.
|