Inicio STEG
SINDICATO DE TRABALLADORAS E TRABALLADORES DO ENSINO DE GALIZA
   Inicio

Concurso de traslados
Ed. secundaria
Infantil - Primaria
F.P.
Lexislación
Oposicións
Permutas
Prensa
Profesorado interino
Reseñas DOG
Retribucións
STEG Opina
Xubilacións

FEBREIRO 2008

Luns Mar Mer Xov Ven Sab Dom
        1 2 3
4 5 6 7 8 9 10
11 12 13 14 15 16 17
18 19 20 21 22 23 24
25 26 27 28 29    
Todos os arquivos desta páxina están en formato pdf

venres, 29 de febreiro de 2008

  • Interinidades - Anuncio do 18 de febreiro de 2008, da Secretaría Xeral da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, polo que se comunica a publicación das puntuacións provisionais e a relación de excluídos do baremo aberto polo Anuncio do 9 de xaneiro de 2008 polo que se comunica a apertura dun prazo para solicitar prazas de interinidades e substitucións no corpo de profesores de ensino secundario, especialidade de francés e profesores de música e artes escénicas, especialidades de trompa e gaita galega (Diario Oficial de Galicia do 16 de xaneiro de 2008).

xoves, 28 de febreiro de 2008

  • Admisión alumnado bacharelato - Orde do 19 de febreiro de 2008 pola que se establece o prazo de presentación de solicitudes para a admisión do alumnado nos centros docentes sostidos con fondos públicos, nas ensinanzas de bacharelato, para o curso académico 2008-2009.

mércores, 27 de febreiro de 2008

  • Novos catálogos de primaria - Orde do 18 de febreiro de 2008 pola que se modifica a do 6 de xullo de 2007 pola que se establece o número de unidades e os postos de traballo docentes dos centros públicos dependentes da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria nos niveis de educación infantil, primaria e educación especial.
  • Concurso traslados orientación primaria - Resolución do 20 de febreiro de 2008, da Secretaría Xeral da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, pola que se fai pública a adxudicación provisional de destinos do concurso de traslados específico para cubrir prazas de xefatura do departamento de orientación, convocado pola Orde do 5 de novembro de 2007 (Diario Oficial de Galicia do 14 de novembro).

martes, 26 de febreiro de 2008

  • Avaliación ensinanzas profesionais de música - Orde do 8 de febreiro de 2008 pola que se regula a avaliación e cualificación do alumnado que cursa as ensinanzas profesionais de música que se establecen na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación.

mércores, 20 de febreiro de 2008

  • Reintegros por actividades de formación - Resolución do 12 de febreiro de 2008, da Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa, pola que se fai pública a relación de beneficiarios de reintegros individuais de gastos por asistencia a actividades de formación do profesorado non-universitario durante o ano 2007.

martes, 19 de febreiro de 2008

  • Cursos galego - Resolución do 12 de febreiro de 2008, da Secretaría Xeral de Política Ligüística, pola que se anuncian, con carácter gratuíto, cursos de lingua galega preparatorios para as probas dos niveis Celga 1, Celga 2, Celga 3 e Celga 4, para adultos e colectivos de Galicia, no ano 2008 (PR 104 B).
  • Concurso escolar -Resolución conxunta do 13 de febreiro de 2008, do Instituto Galego de Consumo e da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, pola que se convoca a fase autonómica do concurso de premios sobre consumo responsable e calidade de vida: Consumópolis 3.

mércores, 13 de febreiro de 2008

  • FP premios extraordinarios - Orde do 6 de febreiro de 2008 pola que se convocan os premios extraordinarios de formación profesional específica de grao superior correspondentes ao curso 2006-2007.
  • Selección direccións - Orde do 4 de febreiro de 2008 pola que se convoca concurso de méritos para a selección e nomeamento da dirección dos centros docentes públicos que imparten as ensinanzas reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación.

luns, 11 de febreiro de 2008

  • Lingua galega - Orde do 31 de xaneiro de 2008 pola que se convocan, en colaboración coa Secretaría Xeral de Política Lingüística, cursos preparatorios para os certificados de lingua galega, Celga, para celebrar nas escolas oficiais de idiomas de Galicia.

venres, 8 de febreiro de 2008

martes, 5 de febreiro de 2008

  • Orde pola que o CEIP de Valenzá (Barbadás-Ourense) pasa a denominarse CEIP O Ruxidoiro

luns, 4 de febreiro de 2008

  • Aulas da Natureza - Orde do 15 de xaneiro de 2008 pola que se convocan axudas para participar no programa de integración Aulas da Natureza 2008.
  • Resolución do 28 de xaneiro de 2008, da Secretaría Xeral da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, pola que se determina a composición das comisións ditaminadoras dos concursos de traslados entre funcionarios docentes.