Inicio STEG
SINDICATO DE TRABALLADORAS E TRABALLADORES DO ENSINO DE GALIZA
   Inicio

Concurso de traslados
Ed. secundaria
Infantil - Primaria
F.P.
Lexislación
Oposicións
Permutas
Prensa
Profesorado interino
Reseñas DOG
Retribucións
STEG Opina
Xubilacións

ABRIL 2008

Luns Mar Mer Xov Ven Sab Dom
  1 2 3 4 5 6
7 8 9 10 11 12 13
14 15 16 17 18 19 20
21 22 23 24 25 26 27
28 29 30        
Todos os arquivos desta páxina están en formato pdf

mércores, 30 de abril de 2008

  • Oposicións secundaria - Corrección de erros.-Orde do 9 de abril de 2008 pola que se convocan procedementos selectivos de ingreso ao corpo de profesores de ensino secundario, profesores de escolas oficiais de idiomas, profesores de música e artes escénicas, e profesores técnicos de formación profesional e procedemento de adquisición de novas especialidades polo persoal funcionario de carreira dos anteditos corpos da Comunidade Autónoma de Galicia.
  • Oposicións paso A2 a A1 - Corrección de erros.-Orde do 9 de abril de 2008 pola que se convocan procedementos selectivos de acceso aos corpos de profesores de ensino secundario para funcionarios e funcionarias dos corpos e escalas docentes clasificados no subgrupo A2 na Comunidade Autónoma de Galicia.

venres, 25 de abril de 2008

  • Cátedras -Corrección de erros.-Resolución do 31 de marzo de 2008, da Secretaría Xeral da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, pola que se fai pública a lista provisional de admitidos e excluídos para participar no procedemento de acceso aos corpos de catedráticos de ensino secundario, de artes plásticas e deseño e de escolas oficiais de idiomas.

xoves, 24 de abril de 2008

  • Premios extraordinarios ESO - Orde do 17 de abril de 2008 pola que se convocan os premios extraordinarios de educación secundaria obrigatoria correspondentes ao curso 2007-2008.
  • Aulas da natureza - Resolución do 14 de abril de 2008, da Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa, pola que se fai pública a proposta de selección dos alumnos desta comunidade autónoma que participarán na actividade de aulas da natureza no ano 2008.
  • Cátedras- Resolución do 21 de abril de 2008, da Secretaría Xeral da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, pola que se anuncia a data do sorteo para determinar a composición dos tribunais que xulgarán o procedemento de acceso aos corpos de catedráticos de ensino secundario, de artes plásticas e deseño e de escolas oficiais de idiomas convocados pola Orde do 10 de novembro de 2007 (Diario Oficial de Galicia do 15 de novembro de 2007).

mércores, 23 de abril de 2008

  • Permisos e licenzas do profesorado - Orde do 7 de abril de 2008 pola que se regula o réxime de permisos e licenzas do persoal docente que imparte as ensinanzas reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación.

xoves, 17 de abril de 2008

  • Oposicións paso de A2 a PES - Orde do 9 de abril de 2008 pola que se convocan procedementos selectivos de acceso aos corpos de profesores de ensino secundario para funcionarios e funcionarias dos corpos e escalas docentes clasificados no subgrupo A2 na Comunidade Autónoma de Galicia.
  • Intercambios alumnado - Orde do 7 de abril de 2008 pola que se convocan axudas para o alumnado de centros docentes sostidos con fondos públicos, e para o alumnado e profesorado de centros concertados da Comunidade Autónoma de Galicia que participen en estadías e intercambios con centros educativos doutros países para favorecer a aprendizaxe activa de linguas.

mércores, 16 de abril de 2008

  • Oposicións primaria - Orde do 9 de abril de 2008 pola que se convoca procedemento selectivo de ingreso no corpo de mestres e procedemento de adquisición de novas especialidades polo persoal funcionario de carreira do corpo de mestres da Comunidade Autónoma de Galicia.
  • Oposicións secundaria - Orde do 9 de abril de 2008 pola que se convocan procedementos selectivos de ingreso ao corpo de profesores de ensino secundario, profesores de escolas oficiais de idiomas, profesores de música e artes escénicas, e profesores técnicos de formación profesional e procedemento de adquisición de novas especialidades polo persoal funcionario de carreira dos anteditos corpos da Comunidade Autónoma de Galicia.
  • Autoavaliacion centros - Orde do 9 de abril de 2008 pola que se convoca a selección e renovación de plans de autoavaliación e mellora da calidade da educación en centros educativos para o curso 2008-2009.

martes, 15 de abril de 2008

  • Acceso cátedras - Resolución do 31 de marzo de 2008, da Secretaría Xeral da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, pola que se fai pública a lista provisional de admitidos e excluídos para participar no procedemento de acceso aos corpos de catedráticos de ensino secundario, de artes plásticas e deseño e de escolas oficiais de idiomas.

venres, 11 de abril de 2008

  • Interinidades francés, tromba e gaita. - Anuncio do 8 de abril de 2008, da Secretaría Xeral da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, polo que se comunica a publicación das puntuacións definitivas e a relación de excluídos definitiva do baremo aberto polo Anuncio do 9 de xaneiro de 2008, polo que se comunica a apertura dun prazo para solicitar prazas de interinidades e substitucións no corpo de profesores de ensino secundario especialidade de francés e profesores de música e artes escénicas especialidades de trompa e gaita galega (Diario Oficial de Galicia do 16 de xaneiro de 2008).

xoves, 10 de abril de 2008

  • Axudas ANPAS - Orde do 2 de abril de 2008 pola que se convocan axudas para financiar actividades das confederacións e federacións de pais de alumnos e das asociacións de pais de alumnos de centros de educación especial para o ano 2008.

venres, 4 de abril de 2008

  • Concurso de traslados - Resolución do 28 de marzo de 2008 pola que se resolve definitivamente o concurso de traslados específico, entre funcionarios docentes do corpo de profesores de ensino secundario, para cubriren prazas nos centros específicos de educación e promoción de adultos.

xoves, 3 de abril de 2008

  • Estadías formativas en empresas - Orde do 26 de marzo de 2008 pola que se convocan estadías formativas en empresas ou institucións para o curso 2007-2008 destinadas ao funcionariado docente non-universitario e pola que se aproban as súas bases de concesión.

mércores, 2 de abril de 2008

  • Interinidades relixión - Corrección de erros.-Resolución do 11 de marzo de 2008, da Secretaría Xeral da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, pola que se comunica a apertura dun prazo para solicitar prazas de interinidades ou substitucións para impartir docencia de relixión nos centros públicos de educación infantil, primaria, educación infantil e primaria, centros públicos integrados e institutos de educación secundaria.

martes, 1 de abril de 2008

  • Oposicións - Decreto 59/2008, do 13 de marzo, polo que se aproba a oferta de emprego público correspondente a prazas de persoal funcionario dos corpos docentes que imparten as ensinanzas reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación, da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2008.
  • Licenzas por estudos - Corrección de erros.-Orde do 11 de marzo de 2008 pola que se convocan licenzas por estudos para o curso 2008-2009 destinadas a funcionarios docentes non-universitarios e se aproban as súas bases de concesión.
  • Concurso de traslados - Resolución do 13 de marzo de 2008, da Secretaría Xeral da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, pola que se fai pública a adxudicación definitiva de destinos do concurso de traslados específico para cubrir prazas de xefatura do Departamento de Orientación, convocado pola Orde do 5 de novembro de 2007 (Diario Oficial de Galicia número 220, do 14 de novembro).