Inicio STEG
SINDICATO DE TRABALLADORAS E TRABALLADORES DO ENSINO DE GALIZA
   Inicio

Concurso de traslados
Ed. secundaria
Infantil - Primaria
F.P.
Lexislación
Oposicións
Permutas
Prensa
Profesorado interino
Reseñas DOG
Retribucións
STEG Opina
Xubilacións

MAIO 2008

Luns Mar Mer Xov Ven Sab Dom
      1 2 3 4
5 6 7 8 9 10 11
12 13 14 15 16 17 18
19 20 21 22 23 24 25
26 27 28 29 30 31  
Todos os arquivos desta páxina están en formato pdf

martes, 13 de maio de 2008

  • Premios normalización lingüística - Resolución conxunta do 7 de maio de 2008, da Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa e da Secretaría Xeral de Política Lingüística, pola que se aproban as bases e se convocan premios a proxectos de innovación en normalización lingüística de centros de titularidade da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria para desenvolver no curso académico 2008-2009.
  • Axudas ás asociacións e fundacións con fins pedagóxicos - Orde do 30 de abril de 2008 pola que se convocan axudas económicas dirixidas ás asociacións e fundacións con fins pedagóxicos e sen ánimo de lucro, legalmente constituídas, para a realización de actividades organizadas co alumnado e coas familias da Comunidade Autónoma de Galicia durante o ano 2008, e se aproban as súas bases reguladoras.
  • Oposicións - Resolución do 30 de abril de 2008, da Secretaría Xeral da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, pola que se procede a nomear e facer pública a composición dos tribunais que xulgarán a proba de acreditación do coñecemento da lingua galega e o procedemento de acceso aos corpos de catedráticos de ensino secundario, de artes plásticas e deseño e de escolas oficiais de idiomas convocados por Orde do 10 de novembro de 2007 (Diario Oficial de Galicia do 15 de novembro).

luns, 12 de maio de 2008

  • Requisitos centros técnicos deportivos - Orde do 17 de abril de 2008 pola que se establecen os requisitos mínimos dos espazos e instalacións con que deben contar os centros para impartir ensinanzas de réxime especial de técnicos deportivos nas especialidades de atletismo, balonmán e baloncesto na Comunidade Autónoma de Galicia.
  • Axudas alumnado ciclos - Orde do 30 de abril de 2008 pola que se convocan axudas económicas para o alumnado que realiza formación práctica en centros de traballo correspondentes aos estudos de ciclos formativos de grao medio e superior de formación profesional, módulos profesionais experimentais, artes plásticas e deseño e programas de garantía social.

mércores, 7 de maio de 2008

  • Plan de mellora de bibliotecas escolares - Orde do 25 de abril de 2008 pola que se convoca o Plan de mellora de bibliotecas escolares en centros públicos non-universitarios de titularidade da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria para o curso 2008-2009.
  • Premios extraordinarios de bacharelato - Orde do 25 de abril de 2008 pola que se convocan os premios extraordinarios de bacharelato correspondentes ao curso 2007-2008.
  • Axudas comedores escolares xestionados polas ANPAs - Resolución do 29 de abril de 2008, da Secretaría Xeral da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, pola que se lles dá publicidade ás axudas concedidas ao abeiro da Orde do 18 de setembro de 2007, pola que se publican as bases e se convocan axudas para financiar o mantemento dos servizos de comedor escolar xestionados polas asociacións de nais e pais de alumnos/as de centros públicos dependentes desta consellería para o curso académico 2007-2008.
  • Cátedras - Resolucións polas que se fai pública a data, hora, lugar e persoas que teñen que facer a proba de galego.

martes, 6 de maio de 2008

  • Concurso traslados primaria - Resolución do 23 de abril de 2008, da Secretaría Xeral da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, pola que se anuncian os postos de traballo vacantes que serán obxecto de provisión no concurso de traslados entre funcionarios do corpo de mestres, convocado pola Orde do 30 de outubro de 2007 (Diario Oficial de Galicia do 8 de novembro).

luns, 5 de maio de 2008

  • Concurso traslados secundaria - Orde do 23 de abril de 2008 pola que se fan públicas as vacantes definitivas dos corpos de profesores que imparten ensino secundario, formación profesional, ensinanzas artísticas e idiomas para o curso 2008-2009.

venres, 2 de maio de 2008

  • Rutas científicas - Orde do 21 de abril de 2008 pola que se convocan axudas para a realización de rutas científicas durante o ano 2008.