| Transporte Escolar
Resolvamos os problemas
Resultados da enquisa e reivindicacións
do STEG
No
STEG , conscientes da problemática existente co trasporte escolar,
estamos a levar unha campaña polos centros, co fin de plantexarlle
á Administración unha proposta de solución para este
tema.
É a nosa primeira intención recoller canta información
poidamos sobre as diversas casuísticas que poidan ter relación
co transporte escolar, xa que sabemos polas consultas que nos chegan que
son un conxunto delas variado e, moitas veces, complexo.
Son moitos os centros ou grupos escolares que teñen que modificar
os seus horarios ou que non poden adoptar a xornada continua, co único
motivo de teren que se adaptar á dispoñibilidade da empresa
de transportes correspondente, quedando os criterios educativos e organizativos
do centro supeditados aos intereses de quen ten que garantirlle un servizo.
É tamén frecuente de máis a impuntualidade e/ou imprecisión
no funcionamento do transporte, autobuses que deixan ao noso alumnado
demasiado cedo, que o recollen tarde, ou que establecen o punto de subida
e baixada demasiado lonxe do centro. Isto orixina unha situación
de indefinición na responsabilidade civil sobre os nosos menores
durante ese espazo ou tempo, onde están fora do horario e do recinto
educativo pero non hai ninguén ao seu cargo. Unha responsabilidade
que podería recaer no colectivo de profesionais do ensino.
Pensamos que é importante abordar estas situacións particulares
cunha perspectiva de acción conxunta, e por iso solicitamos a túa
cooperación.
Enquisa PDF - Imprimir e reenviar
a calquera das nosas sedes
por correo ordinario ou por fax.
Enquisa word - Cubrir e enviar
por e-mail a steg@stegsindicato.org
|