28
de Abril: Día Internacional da Saúde no TraballoNun
día tan sinalado aproveitamos para facer un balance da actual situación
sobre a Seguridade e a Saúde Laboral nos nosos centros de traballo. As
traballadoras e os traballadores expresamos o noso cansazo, insatisfacción
e indignación: pola falta de sensibilización
permanentemente amosada polos empresarios e a Administración para desenvolver
os contidos da Lei 31/95 en materia de Prevención de Riscos Laborais e
vixilancia da Saúde. pola case nula vontade
de investimento económico, humano e material para mellorar instalacións
e condicións de traballo. v pola morna intervención da Administración
para facer cumprir a lexislación e dar un salto cualitativo nun tema tan
importante.
Os riscos laborais no ensino non soen ser noticia
de primeira páxina ó non medirse en mortos, pero existir, existen.
Trátase sobre todo de enfermidades xeneradas polo traballo, que se desenvolven
de maneira lenta, e na meirande parte dos casos son tratadas como enfermidades
comúns, correndo incluso os tratamentos de rehabilitación a costa
das persoas afectadas. Esta situación foi comprobada pola Confederación
de STEs este ano ó recoller grande número de sinaturas das e dos
profesionais do ensino esixindo o recoñecemento das súas enfermidades
profesionais. Ante esta situación
o STEG celebra o próximo recoñecemento dos nódulos nas cordas
vocais como enfermidade profesional, pero demanda unha maior sensibilidade por
parte da Administración e dos empresarios e esixe: O
recoñecemento das enfermidades profesionais existentes no sector, o estrés,
as lesións musculoesqueléticas e os problemas de voz. O
nomeamento de persoas responsables de seguridade e saúde en tódolos
centros docentes, dándolles a información e o tempo de dedicación
necesarios. Unha dotación suficiente e
non unicamente para cubrir expediente dos Servizos de Prevención, e que
estes sexan propios da Administración. Un
funcionamento real dos Comités de Seguridade e Saúde. As
avaliacións de riscos, que en moitos casos nin sequera se fixeron, non
poden ser un papel máis para gardar no caixón. Hai que tomar medidas
concretas para previr os riscos que se vaian detectando. Que
os investimentos que se realizan ó reformar ou construír centros
de ensino contribúan a eliminar os riscos existentes e non xeneren outros
novos. Especial atención á crecente
importancia dos riscos psicosociais no sector do ensino. Pero ademais, o sistema
educativo ten unha grande responsabilidade no establecemento dunha auténtica
cultura de prevención dos riscos laborais. Boa parte do persoal que traballará
nun futuro máis ou menos próximo encontrase actualmente nos nosos
centros, sendo a etapa vital máis axeitada para interiorizar os hábitos
persoais de prevención. É por isto que instamos á Administración
Educativa a que se involucre seriamente na cultura da prevención, tanto
a través da Formación Profesional, como do currículo transversal
da Educación Primaria e Secundario.
Co
gallo da convocatoria de mobilizacións en torno ó día Internacional
da Saúde Laboral, propomos ademais unha serie de actividades dirixidas
expresamente ó noso sector do ensino: Celebración
de asembleas ou reunións de claustros para tratar a situación da
saúde laboral no sector e en xeral, coa participación de todas a
traballadoras e todos os traballadores do centro. Levar
o tema ás aulas e comentalo co alumnado. Facer
concentracións na porta do centro. Igualmente,
permitímonos aconsellarvos, tanto para estes días coma para o resto
do curso, visitar as revistas ERGA FP e ERGA PRIMARIA TRANSVERSAL, do Instituto
Nacional de Seguridade e Hixiene no Traballo, dispoñibles en Internet no
enderezo www.mtas.es/insht/information/p_tecn.htm onde poderedes atopar actividades
dabondo para traballar a prevención dende distintas áreas ou dende
as propias titorías.
STEG
28 de Abril de 2004
|