|
SINDICATO
DE TRABALLADORAS E TRABALLADORES DO ENSINO DE GALIZA | |
| |
| Comunicado sobre o proceso de acordo arredor da xornada matinal en setembro e xuño ANTECEDENTES.- …Nunha nova Mesa Sectorial, a Consellaría confirma a súa proposta de homoxeneizar a xornada durante todo o curso, concedendo unicamente retrasar o inicio de curso en 2 días. Todos os sindicatos anunciamos mobilizacións se se mantén esa proposta de calendario. ...O 16 de abril publícase en DOG a orde de Calendario, eliminando efectivamente a xornada reducida matinal nos meses de setembro e xuño e ampliando o servizo de comedor a eses meses. Esta medida afectaría sobre todo aos centros con xornadas partidas. REACCIÓN SINDICAL.- REACCIÓN DA ADMINISTRACIÓN.- A 1ª PROPOSTA da Consellería é asinar un acordo nos seguintes termos: o Estudo centro por centro da concesión da xornada
matinal en xuño e setembro. Logo dun apurado proceso de negociación coa Consellaría ese mesmo sábado, e despois de que a Consellaría tamén se reunise coa CIG, os 5 sindicatos da plataforma aceptan un documento de PREACORDO nos seguintes termos: o Concesión da xornada matinal, con carácter
xeral, nos centros que o soliciten, previo acordo por maioría
simple no Consello Escolar e sempre que fose posible para a organización
do transporte. ACTUACIÓNS DO STEG.- Ese mesmo luns 30 pola mañá e en rolda de prensa anunciamos que a nosa vontade era chegar a un acordo sobre a xornada matinal de xuño e setembro polo que asinamos o Pre-acordo, aínda que só ratificaríamos o acordo se a xornada matinal fose garantida para o 100% dos centros. Durante esa mañá tivemos conversas co Secretario Xeral da Consellaría para forzar unha reunión esa mesma tarde á que tiveran oportunidade de asistir todos os sindicatos, noutro intento por conseguir a unidade sindical. ACORDO.- LOGO DE ASINAR ESTE ACORDO O STEG DECIDE DESCONVOCAR
A FOLGA DO DÍA 3 DE MAIO PORQUE SE CONSIGUE O OBXECTIVO MARCADO
PREVIAMENTE NA CONVOCATORIA: A XORNADA MATINAL NOS MESES DE
XUÑO E SETEMBRO. 1. Unha das razóns fundamentais era loitar pola extensión da xornada matinal en xuño e setembro ao 100% dos centros. Antes desta negociación e tras a publicación no DOG de 16 de abril da orde de calendario escolar, o que tiñamos era a sesión de tarde nos centros con xornada partida. 2. Despois de convocar a folga, a Consellaría accede á negociación, na que en último termo se consigue que todos os centros poidan manter a xornada matinal en xuño e setembro. 3. Neste acordo tamén se inclúe un punto oitavo que pon as bases para a extensión da xornada única naqueles centros que aínda non a teñen. Este tipo de xornada, acompañada de servizos complementarios e extraescolares é a máis conciliadora. No acordo asinado, a Consellaría comprométese a modificar o Decreto de Solicitude de Xornada Única. 4. ADEMAIS, ábrense procesos de negociación que poden mellorar substancialmente as condicións laborais do profesorado, reivindicacións históricas como a non coincidencia do horario lectivo do profesorado e do alumnado e a negociación de catálogos e postos de traballo. 5. Non acadamos todos os obxectivos, quedounos no camiño a redución da xornada lectiva anual do alumnado. Ista era innegociable a día de hoxe. Será un dos nosos obxectivos na negociación do próximo calendario escolar. 6. Criticamos duramente á Consellaría pola forma de abordar este importante tema: saltándose a Mesa Sectorial e publicando anticipada e inesperadamente a orde de calendario no DOG, chamando ao diálogo e negociación por separado ás forzas sindicais e facéndoo extemporaneamente: en fin de semana, ás 11 da noite e con absoluta presión temporal, a tres días vista dunha folga convocada e mobilizada por todas as forzas sindicais. Por todo o exposto, e despois de recibir moitas opinións da afiliación e do profesorado, o STEG valorou que non había motivo suficiente para manter a folga, cando logramos que a Consellaría recúase e garantise a xornada matinal, ademais de avanzar na modificación da lexislación sobre xornada única, redución das horas de traballo e ampliación dos catálogos de persoal. Aínda que desde o STEG se insistía no aumento da carga lectiva que para o alumnado supoñía o novo calendario os lemas da folga falaban de xornada continuada matinal e non de xornada reducida. Co acordo acadado o luns día 30 de abril entendemos que esta reivindicación estaba conseguida. O STEG quere que coñezas os feitos e entendas a nosa postura. Pero temos o firme propósito de non entrar en descualificacións entre sindicatos, pois consideramos que –deste xeito- descalificámonos todos e descalificamos o sindicalismo do ensino, tan necesitado de unidade e de forza. Porque queda claro que quen debe protagonizar e rentabilizar este acordo non é este ou aquel sindicato, senón o conxunto do ensino público e da sociedade galega Secretariado Nacional do STEG |